Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mercedes Peón e Emilio Rúa en Vigo
Data: Xoves 18 de marzo
Horario: 20: 30h
LUGAR:» Centro Cultural Caixanova
(Vigo, Pontevedra)

O estilo único de Mercedes Peón mestura o sabor da música tradicional cos sons máis modernos, conservando o halo de sutileza e forza femininas que envolve toda a súa obra.

A extraordinaria voz de Mercedes Peón crea atmosferas vibrantes e innovadoras que conseguen algo moi pouco habitual, o feito de crear algo novo no actual panorama musical, o que a levou a ser unha das mulleres máis carismáticas do mundo da música e a cultura galegas.

O seu estilo vai creando a través de todo un traballo de campo autodidacta, en que recolleu vivencias, lendas, músicas e danzas das xentes da Galicia máis rural. Mercedes Peón formou parte de Xaracandaina, dedicouse ao ensino de música e baile tradicionais durante 17 anos, e formou parte de diversos proxectos con músicos destacados da escena galega como os diplomáticos de Monte Alto ou Xosé Manuel Budiño. Desde o seu primeiro disco Isué, Mercedes participou noutros ámbitos como a televisión ou a prensa escrita, ademais de fundar a discográfica Discotrompo e de dar conferencias en diferentes universidades europeas.

Emilio Rúa ofrécenos unha mestura de sons pop e música tradicional. Tras numerosas actuacións con outros artistas como Ismael Serrano ou Pedro Guerra, Rúa edita o seu primeiro disco Vida Miña, un traballo con tinturas melódicas e cargado de sentimento que o levaría a percorrer numerosos escenarios galegos e darse a coñecer como cantautor.

Actualmente Emilio Rúa cruza as fronteiras galegas para ofrecer concertos en Madrid e Barcelona entre outras cidades da xeografía española.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2010 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer