Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Constitúese o Coro Tradicional Cantares do Brión en Vincios

A agrupación conta con máis de sesenta coristas procedentes de distintos concellos e comarcas da contorna

O pasado domingo 7 de marzo constituíuse en Vincios (Gondomar), no seo do Centro Cultural, o Coro Tradicional Cantares do Brión. A formación, con máis de sesenta compoñentes de distintas idades e procedencias xeográficas, distribúese en catro cordas (soprano, contralto, tenor e baixo) e conta cun repertorio variado de pezas tradicionais, entre as que destacan as pandeiradas, as foliadas, os maneos e as muiñeiras. Ademais das voces, no coro tamén se emprega distintos instrumentos musicais propios da tradición galega, como a gaita, o tamboril, o bombo, a pandeireta e as cunchas.

Na asemblea do pasado domingo, o Coro Tradicional Cantares doBrión aprobou o seu regulamento interno de funcionamento e elixiu o presidente e a comisión do coro, que se encargarán da organización. Nesa mesma xuntanza ratificouse a Pablo Rial como director musical da agrupación, papel que xa viña desempeñando dende os primeiros ensaios, en decembro de 2008. O músico, veciño de Vincios, é un dos compoñentes do recoñecido grupo de música tradicional Os Carunchos e posúe un amplo coñecemento e experiencia no ámbito da música tradicional galega en xeral e do canto coral en particular.

Os integrantes deste Coro tradicional, un dos poucos que nestes momentos existen en Galicia, deixaron claros nesta reunión os obxectivos que pretenden conseguir e que quedaron plamados no propio regulamento interno: “O Coro Tradicional Cantares do Brión terá como finalidade primordial o cultivo, divulgación e restitución do canto e da música tradicionais de Galicia”. Ademais, a agrupación fomentará a investigación e o emprego do traxe popular galego e desenvolverá todas as súas actividades en idioma galego.

De momento só tiveron dúas actuacións en público e aínda non fixeron a estrea oficial, que se esperá que sexa no verán deste ano, cando xa todos teñan confeccionada a vestimenta adecuada ao seu estilo musical.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-03-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer