Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

Benqueridos compañeiros,
A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba ven de convocar a décima edición do concurso de baile tradicional Azaloira que terá lugar no auditorio Manuel do Pazo o día 25 de abril.


Agardando contar con vós, pregamos que vos inscribades canto antes para poderlle dar a maior difusión posible ó concurso.

BASES DO X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.

PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 € e trofeo
2º PREMIO: 800 € e trofeo
3º PREMIO: 500 € e trofeo

Premio ó millor vestiario: 100 euros.
Premio ó millor acompañamento: 100 euros.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.

TELÉFONOS DE CONTACTO:
Presidenta: Josefa, 667-49-26-72
FAX: 986-58-55-50
Correo electrónico: josefaferreiro@edu.xunta.es fortindapomba@yahoo.es


O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 4 DE ABRIL.

www.fortindapomba.org
Comentarios (22) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-04-2010 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
22 Comentario(s)
1 A qué hora#blgtk08#?????????
Comentario por (18-03-2010 23:44)
2 O concurso empezará coma sempre ás #blgtk08#18:00h e a entrada gratuita.Apertas
Comentario por bailarina de fortín (21-03-2010 11:05)
3 hehehe
pensava que j#blgtk08#á comenzara a polémica hehe
Comentario por (25-03-2010 10:58)
4 alguén pode confirmar os #blgtk08#grupos que van???
Comentario por (29-03-2010 23:50)
5 Por agora están inscritos e aceptados sete grupos. O seu nome darase a co#blgtk08#ñecer o día da presentación do cartel, que estimamos sexa o 10 de abril.
Comentario por bailarina de fortín (31-03-2010 10:40)
6 sete?
a vere... pomte velha, ma#blgtk08#lveiras, colexiata so sare, qual màis?
Comentario por (07-04-2010 11:15)
7 se sabe quen#blgtk08# é o xurado?
Comentario por (09-04-2010 12:44)
8 supoño que:
donaire, colexiata do sar, pontevella, trazo#blgtk08#, malveiras, xirandola....e algun de vigo. ekivokareime moito?
Comentario por (11-04-2010 17:15)
9 nun polo menos...
http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2010/04/11#blgtk08#/ocho-agrupaciones-competiran-25-concurso-baile-tradicional-azaloira/428124.html
Comentario por (13-04-2010 10:36)
10 http://www.lavozdegalicia.es/de#blgtk08#za/2010/04/11/0003_8410596.htm
Comentario por (13-04-2010 10:37)
11 Os grupos que van son:
1. Os Xeitosos de Trazo
2. Malveiras
3. Colexiata do Sar
4. A Po#blgtk08#nte Vella
5. Xilbarbeira
6. Donaire
7. Traspés

Alguén sabe quen vai de xurado?
Comentario por (19-04-2010 13:09)
12 Espero que o xurado sepa por unha vez diferenciar entre a boa execución do baile e o nome de cada grupo, seno#blgtk08#n xa sabemos para quen son os premios antes de actuar:
Donaire
Malveiras
A ponte vella.
Comentario por (19-04-2010 19:50)
13 si, que colexiata non t#blgtk08#en mais nome....jajaja
Comentario por (19-04-2010 21:34)
14 Como ben dís, os 4 grupos que nombrades teñen nome, pero o grupo de Vigo creado recentemente, tamen ten nome porque todo o mu#blgtk08#ndo sabe de donde saíron.
Asi que máis que preocuparse de quen ten máis nome, haberá que agardar como o fan o Domingo.
Comentario por (20-04-2010 00:26)
15 hai q tocarse o nabo .... ou sexa q sodes super intelixentes para saber q o xurado da os premios po#blgtk08#r nome e ainda non bailaron.
esperade se quera a q suban ó escenario polo menos non
Comentario por (20-04-2010 10:42)
16 ao 12. quedate na casa#blgtk08# que xentteasí sobra...
Comentario por (20-04-2010 11:47)
17 Para o comentario 14. Estás ekivocado se pensas que toda a agrupación saiu de O Fiadeiro; hai moita xente que procedía doutras agrupacións e que #blgtk08#casi non sabían nin bailar nin cantar así que con calma, a modoooo e non empezemos a xuzgar antes de tempo.
Saúdos e a competir sanamente
Comentario por (20-04-2010 13:11)
18 a miña opinion e a seguinte: creo que cada grupo que vai ir bailar ten q preocuparse do seu facelo ven e o millor que poidan, e polo do nome dos grupos pois tamne o vexo unha tonteria#blgtk08# por que x esa regla de 3 outros grupos q non van so por ter nome xa terian gañao??????? eu creo q e cuestion de facelo ven, que gane o q teña q gañar segun o q o xurado decida claro.
Comentario por (20-04-2010 15:47)
19 Os nomes non dan os premios, porque que eu saiba no comentario 12 nomeanse grupos que supostamente teñen premio asegurado e o ano pasado Colexiata levou premio...

Creo que e#blgtk08#ste ano é moi bonito que vaian tantos grupos a Bandeira xa que ultimamente había menos e é dos mellores concursos, así que oxalá todos os que vaian disfruten moito e que gañen os mellores
Comentario por (20-04-2010 23:07)
20 A ver se chega xa o domingo que xa teño ganas de ver a tantos grupos bós xuntos.#blgtk08#

Seguro que vai ser unha moi boa tarde na que desfrutaremos todos
Comentario por (23-04-2010 15:03)
21 Sorte para todos os grupos e a pasa#blgtk08#lo ben é o mais importante de todo.
Comentario por Traspés (25-04-2010 00:58)
22 an easier record keeping, credibility, security, time allowance and a lot of other advantag#blgtk08#es, such credit cards truly benefit and help out the business owner in more ways than one.
Comentario por air max 90 (20-12-2012 13:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer