CONTRA2, a compañía formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro, presenta o espectáculo DANZA E CONTRADANZA que se representará o vindeiro sábado 27 e domingo 28 de febreiro ás 21.30 h e 20 h respectivamente, no Teatro Arte Livre de Vigo (Vázquez Varela 19, Vigo), dentro da programación da Rede Galega de Salas.
CONTRA2 (Contradous) é un proceso creativo que xunta aos profesionais Iván Villar e Nelson Quinteiro na creación dunha proposta conxunta.Os dous amósanse como rostros coñecidos dentro da escea tradicional e de danza galega, destacando cada un polo seu lado por unha grande pegada en escea e presencia. Nos documentos achegados podedes acceder ós seus currículums.
Danza e Contradanza é unha proposta que mestura a danza tradicional e contemporánea e a música tradicional baixo unha particular visión que mestura voces, efectos e escenas sonoras. Nelson Quinteiro monta a banda sonora en base á súa propia voz e diferentes pedais de loops e efectos para solos e dúos de danza coregrafiados por Iván Villar.
Podedes ver parte dese traballo nas seguintes ligazóns: