Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

The Homens, coa música a outra parte
As obras do tren lévanse por diante a Casa Xurásica II, local de ensaio de varios grupos

Todo barrio ten unha vida propia, distinta e, en demasiadas ocasións, silente. Quen habita nel coñece os rostros que, día si e día tamén, percorren as súas rúas. Nun de Compostela, o Castiñeiriño, dende mediados dos noventa naceron unhas inquedanzas musicais que fixeron que as melodías dun grupo de mozos galoparan libres con eco de futuro que hoxe xa é presente nos pentagramas, non só de Santiago, senón de toda Galicia. E todo xirou ao redor dunha local de ensaio, ruinoso a simple vista, pero brillante no máis fondo. Bautizárono como a Casa Xurásica, un cariñoso nome que dá idea do estado no que malvivía aquel fogar de instrumentos, acordes e cancións.

Dende 1995, varias bandas compostelás convertérono no seu feudo até 2008. Aquel ano decidiron que esa primeira Casa Xurásica pedía unha extinción por caridade. Conseguiron outra, tamén no Castiñeiriño, a Casa Xurásica II. Pero, agora, o novo trazado do tren que trae Pepe Blanco obriga clausurala. The Homens, The Lorchas, Royalties e Os Samesugas abandonarán mañá a segunda casa Xurásica sen ter un local onde ensaiar. A desaparición deste local de ensiao, pechado por derribo, deixa a estes grupos orfos de fogar e cos instrumentos debaixo do brazo sen saber onde gardalos.

?Atopamos unha casa ao lado do Instituto de Lamas de Abade, unímonos os grupos Os Redullos e Fame Neghra porque por separado pagabamos un aluguer moi alto. Iso foi en 1995 máis ou menos e, catorce anos despois, marchamos porque había que protexer a nosa propia integridade?, explica Carlos Gómez, máis coñecido como Soni, que era membro dos Redullos e que actualmente está en Royalties. Ese local foi a primeira Xurásica. Unha casa apuntalada, fría e con humidades, Co paso dos anos, o deterioro foi debuxando a ruína nas súas paredes.

UN MAR DE GRUPOS

Pero, tamén, co transcorrer dos anos, foron pasando un torrente de grupos que nacían, medraban e morrían alí, nese recanto de Castiñeiriño. ?Buff, non sei dicir canta xente puido pasar por alá, nin cantas bandas, foi un exército e a amizade entre os que por alí pasamos viña dende lonxe?, lembra Ramón Rúa, batería de Samesugas. ?Os Redullos, Fame Neghra, Por teléfono, Japón 84...?, sinala Martín Wu, cantante de The Homens, forzando a memoria. A marcha da primeira casa non pillou tan de sorpresa aos grupos como a saída do segundo local. ?A Xurásica que abandonamos mañá atopámola cando marchabamos da outra, que a deixabamos porque aquilo xa era case síndrome de Dióxenes, ademais a dona quería reformala, aínda que ao final non o fixo?, explica Martín Wu.

Ademais de ser un local para ensaios a primeira Casa Xurásica converteuse nun punto de encontro e nun catalizador cultural que se plasmou na Asociación Xurásica. ?Comezamos a organizar o chamado Rock En Costa, que en orixe non era máis que saír todos cos nosos instrumentos a rúa un día e tocabamos alí, no medio da costa. Como iso nos traía problemas co Concello, creamos a asociación e fomos facendo un Festival xa con escenario grande, sistema de son e todo iso?, explica Soni, presidente da Asociación.

Ese encontro musical foi medrando pouco a pouco e xa van nove edicións. ?O ano que vén virá a décima e xa pensamos en facer cousas especiais para o aniversario?, confesa Soni sen querer adiantar moito máis. A Asociación Xurásica converteuse nun pulmón para o Castiñeiriño no que se respira actividade. Desenvolve xa unha programación estable para dinamizar a vitalidade cultural desta zona de Santiago de Compostela.

UNHA EXTINCIÓN XURÁSICA?

?Podemos estar ante a disolución da Asociación Xurásica, seguiriamos sendo unha piña de amigos pero xa non sería o mesmo?, explica Soni. Esa é unha posibilidade que non se descarta, non obstante, a intención de todos é seguir o camiño xuntos. Para iso están a buscar xa un novo local na zona para poder ensariar e poder falar dunha terceira Casa Xurásica. Aínda que a cousa está complicada, non perden a esperanza. ?Non vale calquera sitio, precisamos que non haxa casas preto porque facemos ruído, que non sexa habitable e que non estea lonxe de Santiago, preferiblemente no Castiñeiriño?, explica Soni. Esas requisitos dificultan a misión destes músicos na procura do seu sitio na xeografía urbana, xa que Compostela decidiu medrar polo seu barrio. ?Sabiamos que a segunda casa non nos duraría moito porque, cando chegamos, o dono xa nos dixo que habería obras na zona, pero pensabamos que até 2012 inda estariamos?, sinala Xocas, batería de The Homens.

Atopen ou non un novo fogar para os seus instrumentos, a música continuará. ?O rollo non é a nosa casa, o que queda é o grupo de xente. Somos os mesmos, iso é o que importa?, sentenza Martin Wu. A súa música, dende o Castiñeiriño, tamén importa.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2010 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0