Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I serán de entroido no Casco Vello de Vigo
Estimad@s amig@s,

temos o pracer de convidarvos ao I serán de entroido que se celebrará o domingo 14 de febreiro de 19.00 a 22.30 horas na Praza da Constitución, organizado pola ACF O Fiadeiro, coa colaboración da AVC Casco Vello e financiado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vigo.


Gustaríamos contar con tod@s vós para gozarmos xuntos da música tradicional da nosa terra e botar uns bailes nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, no pleno corazón da zona vella de Vigo como é a praza da Constitución.

Por motivos de temporización teremos un cartel pechado de intervencións, entre as que contaremos agrupacións de renome de diversos puntos de Galicia, artistas emblemáticos e grupos das aldeas iniciadoras da tradición dos seráns e que aínda a día de hoxe conservan intacta a maxia destas festas. As agrupacións que actuarán serán:

- Grupo de gaitas da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
- Pandeireteiros a A.C. Cantigas e Agarimos (Santiago)
- Pandeireteiras da A.X. Xiradela (Arteixo)
- Pandeireteiras de Toutón (Mondariz)
- Pandeireireteiras da Hermida (Pazos de Borbén)
- José Fernández (o ghaiteiriño de Aldán)
- Grupos da A.V.C. Casco Vello (Vigo)
- Grupos da A.F.C. O Fiadeiro (Vigo)


A presentación dos grupos será levada por Aleixandre Carro (coñecido pola súa participación na serie “Padre Casares”).
Como marca a tradición do entroido aproveitará o fío da presentación para facer sátira dos feitos máis salientables do pasado ano.

Animámosvos a que veñades disfrazados, a que vibredes coa música, que os divirtades co baile e que probedes os postres típicos do entroido como a orella e as filloas que serviremos gratuitamente para todos os que veñades.

Moitas grazas e agardamos vervos a tod@s na festa!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-02-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer