Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá co Gaiteiro O Freixo |
|
 Hoxe, martes, día 15/12/2009
En Alalá vivimos moitas veces historias sorprendentes, emocionantes, tenras e duras, e a de hoxe é unha mestura de todos estes ingredientes, xa que o protagonista desta noite é O Freixo, un gaiteiro elegante, con todas as da lei; mestre de mestres e un personaxe único do concello das Pontes, que soubo emocionar a todo o equipo do programa.
O Freixo é un home forte de 91 anos, un supervivente que soubo facer fronte a todas as traxedias da vida, xa que tivo que superar a morte do pai -queimado na casa-; que o fillo Abel se matara dun disparo; loitou na Guerra Civil; traballou na mina e hai cinco anos quedou viúvo. El apandou con estes reveses e aínda así vive a vida con ilusión e cunha alegría envexable.
Cando era un neno empezou a facer as súas propias frautas de bieiteiro e a tocar a gaita; daquela cada un aprendía como podía, e O Freixo metíase debaixo do palco da música para que lle quedara a melodía na cabeza. Pero hoxe vémolo rodeado de xente nova que o admira e o quere e cos que vai tocar alá onde o reclamen e onde deixa pasmado a calquera, porque calquera venres de foliada pode chegar á casa ás tres ou catro da mañá.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Gran persoa e GAITEIRO con maiúsculas,#blgtk08# querémoste moitísimo FREIXO.
|
|
|
Comentario por (15-12-2009 16:10) |
|
|
2 |
Quedei abraiado con este home, eu de m#blgtk08#aior quero ser coma el. GHAITERASSO!! |
|
|
Comentario por L. Verea (18-12-2009 11:50) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|