Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XX Aniversario A Pomba do Arco (Foz) |
|
A asociación focega celebra o seu aniversario coa intención de explicitar o seu compromiso de futuro coa cultura, con Foz e coa lingua
A Asociación Socio-Cultural A Pomba do Arco vai celebrar na última quincena do mes de novembro os actos conmemorativos do su XX aniversario. A asociación focega pretende lembrar estes 20 anos de traballo cultural e sobre todo facer expreso o seu compromiso de cara ao futuro co que foi a súa actividade e co que son os seus sinais de identidade.
O primeiro dos actos vaise celebrar venres, 20 de novembro ás 20:30 h na casa da cultura Poeta Manuel María, co título de Foz, un pobo con historia propia, e nel falarán Suso Fernández, cronista oficial de Foz, e Francisco Carballo, profesor xubilado da Universidade de Vigo. Francisco Carballo e Suso Fernández que participaron en diferentes actos da asociación falarán da importancia da historia galega en Foz e de Foz na historia de Galiza.
O segundo dos actos vaise celebrar o sábado, 21 de novembro ás 20:30 h na casa da cultura Poeta Manuel María, co título Xornada da lingua, coa participación de Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e Xosé Xoán Barreiro Prado, maxistrado da Audiencia de Pontevedra. A temática e os relatores deste acto son os mesmos que participaron no primeiro acto celebrado pola asociación cultural A Pomba do Arco.
O terceiro dos actos vaise celebrar o venres, 27 de novembro ás 20:30 h na casa da cultura Poeta Manuel María, co título Festa da Palabra na que participarán Luísa Castro, Miguel Anxo Fernán Vello e Lois Diéguez.
Os actos fecharanse o sábado 28 cunha festa e unha cea a partir das 22:00 h na sala Bahía de Foz. O prezo da cea será de 20 euros por persoa. O menú será empanada, polbo, xamón cocido, sobremesa, viño e café. Contaremos coas actuacións musicais da Peña de Cante en Bar e bOnOvO grupo galego que fai un peculiar folk electroacústico. A Peña de Cante en Bar, formado por varios focegos, cantan, a capela ou acompañados de guitarra, cancións tradicionais do noso concello. Aquelas persoas que queiran asistir á cea precisan confirmar a súa asistencia nos teléfonos 982140006 (Marcelino) ou 650134392 (Pilar Fernández Méndez) antes do xoves 26 de novembro
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Looking for a warranty and then the mandatory recognition that allows you t#blgtk08#o pinpoint with certainty if its genuine is furthermore instructed.
|
|
|
Comentario por replica chanel coco (13-05-2014 09:20) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|