Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O premio Constantino Bellón revive sen a Xunta
O Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña apoiarán economicamente a celebración do Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón, que terá lugar os próximos 8 e 9 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol e que tivo que ser suspendido o pasado 31 de agosto, ao retirarlle a Xunta de Galicia parte do seu habitual apoio económico.

O alcalde de Ferrol, o socialista Vicente Irisarri, presentou onte a edición número dezanove do certame, que se celebra dende o ano 1991 organizado polo Ateneo Ferrolano. A achega do Concello e a colaboración da Deputación, en ambos os dous casos con goberns do PSOE, están destinadas a recuperar o certame, que contaba co apoio da Secretaría Xeral de Emigración.

Dende a sexta edición do Constantino Bellón no ano 1996 modificáronse as bases para permitir a participación de catro gaiteiros das comunidades galegas do exterior. Os gastos eran financiados polo devandito departamento autonómico, que este ano rexeitou financiar os gastos derivados da viaxe destes gaiteiros, o que obrigou a suspender a final prevista para agosto. Finalmente desenvolverase a final do concurso, que comezará o día 9 ás 20.30 horas e incluirá a entrega do Premio de Composición para Gaita Galega Solista, que recaeu en Jesús Rodil Rodríguez. Entregaranse dous accésits a Pablo Devigo e Javier María López Rodríguez. Tamén terá lugar a entrega aos finalistas dunha figura de Sargadelos e dos diplomas de participación.

Nesta edición, a dezanove, os finalistas foron Daniel Lumbreras, do País Vasco, os arxentinos Nicolás Ramiro Pérez e Santiago Agustín Molina, e Erik Alexander Corrante, de Venezuela. Todos eles foron seleccionados no apartado de Gaiteiro de Soutelo.

Dende 2004 convócase ademais o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista e dende 2008, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita fabricada e personalizada especialmente para a convocatoria e que se concede a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor represente a imaxe tradicional do gaiteiro galego. A estes galardóns súmase a mención honorífica ‘Gaita de Ouro Constantino Bellón’, dirixida a persoas ou entidades que destaquen no seu traballo a favor da música galega.

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-10-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 e os finalistas#blgtk08# a nivel galego?
Comentario por (01-11-2009 16:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer