Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Así se fan as Tarrañolas (Proxecto Ronsel)
Unha das tarrañolas suxéitase entre o índice e o corazón, apertándoa contra a palma da man para que fique fixa e non se mova, mentres que a outra, sostida entre o anular e o corazón, fica libre para abanear e bater contra a outra emitindo o seu son característico cando a man vai e vén, como dicindo “adeus”.

As tarrañolas pódense tocar nunha soa man ou nas dúas mans asemade, é dicir, sostendo unha parella en cada man, tal e como se fixo desde a antigüidade.

MATERIAL: Dúas taboíñas de madeira duns 12-20 centímetros de longo, 3-5 centímetros de ancho e 4-8 milímetros de groso, papel de lixa e navalla.

TEMPO DE FABRICACIÓN: Uns 15 minutos en total, aproximadamente.

Para fabricalas hai que seguir os seguintes pasos:

1. Cóllense as dúas taboíñas rectangulares e nun dos seus lados, coa axuda da navalla, hai que ir labrando un pequeno encaixe para que se axusten aos dedos. Tamén de poden deixar coa forma rectangular.
2. Despois, é o momento de pulilas co papel de lixa ata acadaren unha superficie lisa e suave, para que o son do seu choque sexa máis uniforme, e xa están listas para tocar.

www.xornal.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2009 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer