Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un paseo polo vestido de onte

A A.C. Tangaraño organiza unha exposición de vintedous Traxes Tradicionais no Multiusos de Mos.

Para celebrar os seus anos de andaina, a A.C. Tangaraño coa colaboración do Concello de Mos, organiza unha serie de actos vencellados ao mundo da nosa tradición e cultura popular.

Deste xeito, o vindeiro día 24 de outubro, ás 12:30 horas inaugurarase unha exposición de traxes tradicionais; sendo este acto o inicio da semana cultural que rematará o día 31 de outubro coa posta en escena da gala “O Son do Tangaraño”.

Nesta exposición de traxes, os visitantes poderán achegarse á moda doutros tempos, un xeito de vestir que, igual que o día de hoxe, proporcionaba información sobre o seu dono: clase social, poder adquisitivo, comarca de orixe...

Así, no espazo que ofrece o Multiusos de Mos se poderán contemplar vintedous traxes, de home e de muller; desde os empregados no día a día para desenvolver as diferentes labores de traballo, ata os más ricos e vistosos empregados nos días de festa e celebracións. Moitas das pezas que se poderán ver son antigas, herdanzas que pasaron de xeración a xeración e que chegaron a día de hoxe nun grande estado de conservación.

As alfaias e complementos tamén terán cabida nesta exposición, que estará aberta ao público os días 25, 27 e 28 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Para obter máis información sobre tódolos actos desta semana cultural de Tangaraño, pode visitar www.tangarano.org.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-10-2009 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer