Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fía na Roca no Alalá |
|
 Hoxe, martes, día 20/10/2009
O "Alalá" desta noite estará cun dos grupos máis veteranos do folk galego, "Fía na roca", que leva máis de 15 anos mesturando a música tradicional con algo de rock, de jazz, de música étnica e de todo tipo de ritmos para acadar un son propio, diferente e inconfundible. Para celebrar que levan todo este tempo facendo a música que lles gusta e pasándoo de medo con iso fixeron un dvd que chamaron "Quince maios" que inclúe entrevistas con eles e a gravación en directo dun concerto no Teatro Principal de Santiago, en que quixeron amosar o que é hoxe Fía na roca.
O programa lembra que dende que se presentaron ao público no Festival Folk Cidade Vella de Compostela no ano 1993, o grupo foi cambiando e o panorama musical galego tamén, pois cando comezou non eran moitos os grupos que se dedicaban a facer folk, e eles intentaron sempre non deixarse levar polos vaivéns do mercado e seguir fieis ás súas ideas, algo que conseguiron mantendo traballos á parte do grupo e autoproducindo os seus propios discos. Polo camiño marcharon uns músicos e viñeron outros e pasaron de facer música basicamente instrumental a incluír a voz de Sonia Lebedynski. Xunto a ela, Xosé Ramón Vázquez, un dos fundadores do grupo, Carlos Castro, Roberto Santamarina, Giao Rodrigues, Xabier Olite e Roberto Rama forman este novo e sempre sorprendente Fía na roca. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|