Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha manifestación histórica

Ducias de miles de persoas (100.000 segundo a organización) ateigaron Compostela na protesta convocada pola plataforma Queremos Galego. Por vez primeira nesta lexislatura, toda a oposición marchou xunta contra o recorte da promoción do galego executada pola Xunta do PP.

A organización fala de 100.000 asistentes e a Policía Local, segundo Europa Press, de 50.000. En todo caso unha primeira impresión apunta a que se superou a protesta do Día das Letras. Daquela a Mesa pola Normalización falara de 50.000 asistentes.

?Ao Obradoiro!? ante a falta de espacio


Este domingo a Quintana encheuse por completo e moita xente non ficou fóra, polo que se escoitaron berros de ?Ao Obradoiro! Ao Obradoiro!?. A organización presumiu de que aínda había xente na Alameda co acto xa iniciado na Quintana.

"Somos galego e temos dereito" e "Na Galiza, en galego" foron algúns dos berros máis populares. A manifestación descorreu sen incidentes polo centro e a zona vella de Santiago até a Praza da Quintana.

Primeiro ministro que participa nunha manifestación polo galego

Cifras á marxe, o que converte en histórico este 18 de outubro é a pluralidade da manifestación. Máis de 500 entidades e 3.000 persoas artellan o seu esforzo ao redor de Queremos Galego. O resultado é que por vez primeira PSOE, BNG, Esquerda Unida, Terra Galega e outras formacións marcharon da man contra os recortes á normalización do idioma executados pola Xunta do PP.

De feito, unha das fotos máis buscadas é a do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. O socialista é o primeiro ministro do Estado que participa nunha manifestación a prol do galego.

O BNG pide a Feixóo que volva ao consenso

A presencia e as declaracións de Caamaño reforzan a vinculación do PSOE coa loita polo idioma. O propio líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, non dubidou en nomear a Feixóo hoxe como ?inimigo número un do galego?.

Dende o BNG, Guillerme Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que rectifique e ?volva ao consenso?, en clara referencia ao anuncio do PP de derrogar o decreto do ensino do galego e as dúbidas sobre se respectarán o Plan de Normalización que aprobou Manuel Fraga.

Na lectura do manifesto, a actriz Patricia Vázquez tamén acusou á Xunta de violar, por vez primeira na democracia, a súa obriga estaturia de defender a lingua propia.

Antelo, Callón e Souto

Tamén falou o veterano galeguista Avelino Pousa Antelo, quen rematou a súa interlocución coa cita de Castelao ?se aínda somos galegos é por gracia do noso idioma?. Seguiulle o presidente da Mesa, Carlos Callón, quen acusou a Feixóo de ?racismo lingüístico? e dunha actitude ?chulesca, arrogante e prepotente?.

Fechou o acto Xuxo Souto. O músico coruñés foi o máis aplaudido coas súas exhortacións a que os votantes do PP e a mocidade urbana súmense a defensa da lingua.

Iniciativa Lexislativa Popular

A plataforma 'Queremos Galego' critica varias medidas dos conservadores na Xunta. Entre elas, a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.

Ante estes ?abusos?, Queremos Galego anunciou que recollerá sinaturas para presentar na Cámara unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).

Mentres, Feixóo, na súa visita de tres días a Londres, defendía a importancia dun ensino en tres idiomas e recoñecía a utilidade da lusofonía.

Persoeiros da cultura e mandatarios políticos
Do eido da Cultura participaron, entre outros, Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Manuel Rivas; Bernardino Braña; Andrés Torres Queiruga; Susana Seivane e Manuel Lourenzo; o director de revísta Retranca, Kiko da Silva; Xurxo Souto; o promotor teatral Xesús Ron. No acto cantaron os cantautores Mini e Mero, membros de A Quenlla.

Por parte do PSOE participou o seu líder galego, Manuel Vázquez, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e varios deputados como Beatriz Sestayo, Francisco Cerviño e Xaquín Fernández Leiceaga.

Do Bloque acudiu a practica totalidade da cúpula dirixente, encabezados por Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich. Tamén houbo representación de TEGA, Esquerda Unida (a súa líder Iolanda Díez estivo na faixa de cabeza) e outras forzas.

Na parte traseira da protesta marchou a Galego Sempre Máis e outros colectivos críticos coa labor da Mesa na Plataforma Queremos Galego, pero que comparte varias das reivindicacións da convocatoria de hoxe.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2009 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0