Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Mostra de Cinema Etnográfico (Compostela)

IV Mostra de Cinema Etnográfico (Compostela)
Inauguración o luns 19 de outubro no Museo do Pobo Galego


O cine ten sido un compañeiro continuado na actividade do Museo do Pobo Galego. O primeiro Presidente do Padroado, Xoaquín Lorenzo ?Xocas?, que legou ao Museo a súa excelente obra intelectual, deixoulle tamén os dereitos sobre O carro e o Home, unha das películas fundacionais da cinematografía galega, da que fora guionista e artífice xunto ao director Antonio Román.

Seguindo o seu ronsel e a partir dun proxecto do Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo, buscamos a colaboración de quen, coma nós, traballa e se interesa no coñecemento de tradicións, costumes, xeitos de vivir e pensar pero neste caso, presentadas a través do audiovisual. Xunguindo cine e etnografía como xa fixeran Xoaquín Lorenzo e Antonio Román décadas atrás, vinculando o mundo audiovisual e o interese etnográfico de Galicia a Mostra de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, conta cunha sección denominada Espiello na que se proxectan as cintas gañadoras na última edición deste festival oscense de cine documental etnográfico. A sección Carlos Velo, é unha selección de documentais elixidos desde o propio Museo onde se prima a presenza de realizadores e realizadoras galegas.

Nesta cuarta edición da Mostra que conta co patrocinio da Concellaría de Cultura de Santiago e a colaboración da TVG, cintas como Eloxio da Distancia con guión de Julio Llamazares ou O Tempo de Recolleita de Félix Blume presentan historias do rural galego que se poderán ver xunto a filmes como Unidos por el Flow que conta o proxecto do Kasal de Joves de Roquetes con colectivos de mozos Ñetas e Latin Kings. Iniciativas como a do movemento de ecoaldeas español da que nos fala Pueblos sin camino, aconvivencia entre homes e mulleres de Non Casamento de Helena Villares, A República dos soños sobre o Couto Mixto, Historia dunha Parroquia de Marcos Nine,ou a premiada Tiny Caterina do ruso Iván Golovnev irán proxectándose ata o sábado 24 de outubro. peculiar

As proxeccións comenzan as 19.00 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2009 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0