Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
'Os mozos han de protagonizar a defensa do galego' |
|
Xurxo Souto: 'Os mozos han de protagonizar a defensa do galego'
O músico, comunicador e escritor Xurxo Souto (A Coruña, 1966) é tamén un dos portavoces da plataforma 'Queremos Galego'. Desde 'A Nosa Terra', o ex vocalista de Os Diplomáticos de Monte Alto volve facer un chamamento aos votantes do PP para que se unan á defensa do galego. 'A lingua debe ser causa común e debe estar presente en todos os partidos', apunta.
Por que decidiu adherirse á plataforma ?Queremos Galego??
Considero que todos debemos implicarnos en calquera iniciativa a favor da lingua. Persoalmente, síntome vinculado a calquera plataforma que apoie a lingua e estou disposto a colaborar noutras. Vivimos un momento de preguiza social no que respecta á defensa do idioma e por iso cómpre que a sociedade pase de actuar como espectadora a converterse en protagonista e que dea o seu paso a prol do galego.
Di que a sociedade se volveu preguiceira, a que se debeu?
Nos anos seguintes á ditadura, a xente tomou conciencia e deulle un pulo importante á lingua para que fose incorporada á vida pública. Conseguiuse levar o galego ao ensino e mesmo se crearon medios de comunicación na nosa lingua, pero pasados os anos, tras a inacción e desleixo das institucións, a sociedade adoptou un estado de preguiza que nos leva a este presente no que o galego está marxinado.
Como ve a política lingüística da Xunta?
O Goberno está a asumir toda unha serie de medidas contra a lingua en vez de promover políticas decididas a impulsar o seu uso. Consideran o galego un idioma de segunda. A isto hai que engadirlle que apareceron posicións predemocráticas ?minoritarias, pero que falan con moito estrondo? que mesmo cuestionan o galego como lingua útil e que levan o seu uso a unha cuestión de clase. Vese o xeito de falar castelán como un sinal de aristocracia... afortunadamente, non estamos nunha aristocracia, senón nunha democracia.
Que cómpre facer ante esta situación?
Hai que recuperar ese pulso colectivo, romper a dinámica herdada e poñernos en funcionamento en defensa da lingua. Sobre todo, hai que atender a xente nova porque é o sector da sociedade que máis valora o galego e que á vez o que menos o fala. É necesario pedirlle á mocidade que rache coa herdanza dos maiores e co contexto de presión social. Non podemos resignarnos. Nomeadamente, a xente nova das grandes cidades, da Coruña e de Vigo, ?que vive no mesmo contexto e que sofre os mesmos problemas? ten que asumir un compromiso a prol do idioma.
Ten apuntado que a defensa do galego non é unha cuestión partidaria...
Non é unha cuestión partidaria, pero si que é unha cuestión política. Desde aquí volvo facer un chamamento a todos os votantes do PP para que se adhiran á plataforma, para que se movan a favor da lingua. Un pode ser do PP, defender os principios políticos do partido, pero pode estar descontento coa política lingüística que desenvolve. A defensa do galego debe ser causa común e debe estar presente en todos os partidos.
www.anosaterra.org |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
hola estamos interesados en saber como podiamos salir con vosotros en esta pagina.nosotros tenemos una t#blgtk08#aberna dedicada a la musica tradicional de gaita y acordeon.espero tener noticias vuestras.gracias jose |
|
|
Comentario por taberna rianxeira (18-10-2009 23:34) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|