Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo número de Retranca e paso a bimensual
En época de crise os superheroes están sempre de moda. Non, non nos referimos a que nos quedemos todos en calzóns, falamos dos super heroes de verdade, dos que teñen o superpoder de ir á compra para toda a familia con vinte euros, e traen comida e, o máis incrible, traen ata cambio!!!

Ou dos que teñen o poder de seguir confiando en Zapatero a pesar de estaren no paro e levar cinco meses buscando curro.Ou dos que seguen crendo que Feijoo vai salvar ao galego da súa agonía.

Sexamos realistas: os galegos imos aviados. Para un superheroe que tiñamos, van e mándano á cola do Inem. Que a quen nos referimos?... Ao Super Piñeiro, que lle acaban de quitar o seu programa da Telegaita. Para un programa que tiñamos de "cotilleos" na galega, co noso Jorge Javier Vázquez enxebre, van e cámbiannolo por un señor do ano da polca con bigote e abdominais desos de chocolatina (non, non é unha serie de Aznar, é que volven a emitir Magnum).

Recoñezámolo: a crise estanos facendo supermutantes. Agora mercamos marcas brancas nos supermercados, e se teñen super infraprezos, mellor. Buscamos roupa nas super rebaixas e intentaremos chegar a fin de mes a pesar da super subida de impostos. Traballamos super explotados en curros con soldos super birriosos a pesar de termos titulacións de graos
supersuperiores.

E mentres os cidadáns facemos o imposible por ter super poderes para chegarmos a fin de mes, os nosos gobernantes (os que teñen PODER de verdade) seguen agardando a que o SuperObama acabe co problema antes das eleccións. Vale, é certo: os da oposición están desexando que a Kriseptonita acabe antes con ZPman.
Por iso os retranqueiros queremos recordarlles aos nosos políticos unha frase do incrible Spiderman: UN GRAN PODER IMPLICA UNHA GRAN RESPONSABILIDADE. Aplíquena.

Saúdos Retranqueiros,
A SANTA COMPAÑA


ATENCIÓN:
En Retranca tamén estamos sentindo o poder da Kriseptonita. Levamos dous anos saíndo mes a mes aos quioscos, algo que para nós xa é superheroico. Pero a caída da publicidade obrigounos a ter que saír cunha nova periodicidade bimestral, con máis páxinas e un super prezo. Non sabemos canto poderemos resistir, pero mentres o corpo aguante seguiremos dando fungueirazos retranqueiros. VOLTAMOS EN DECEMBRO !!!

http://revistaretranca.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0