Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fuxan os Ventos: catro décadas de gravacións
Repasamos con Antón Castro os discos máis emblemáticos da banda, que acaba de presentar o cd e dvd do proxecto 'Terra de soños?.

Vai facer un ano que Fuxan os Ventos volveron aos escenarios. Daqueles concertos celebrados no Auditorio de Galicia en Compostela os días 18 e 19 de outubro de 2008, naceu o disco Terra de soños, que vén de editar BOA Music. Trátase dunha publicación dobre en formato digipack: o cd inclúe 20 cancións, e o dvd 28 temas gravados en vídeo ademais dun making off con entrevistas a músicos da banda, convidados, colaboradores e grupos actuais.

www.vieiros.com

Terra de soños é o noveno disco de Fuxan os Ventos ao longo dos seus 38 anos de historia. Con Antón Castro, que se incorporou á banda no 1983, percorremos a traxectoria do grupo a través de cinco dos seus discos máis relevantes:

Fuxan os ventos (1976): ?Temos un país e temos quen o cante?

A banda formouse en 1972 co nome de Folk 72. Catro anos despois publicaban o primeiro dos seus catro discos con Philips-Fonogram. Antón Castro lémbrao así: ?Eu aínda tiña 18 anos, pero acórdome como se fose hoxe de estar con Mini en Lugo escoitando o disco cos pelos de punta. Para os que nos iniciabamos no galego e no que era Galiza, foi unha toma de conciencia máis fonda do que xa tiñamos. Neste disco xa se descobre que Fuxan os Ventos é un grupo comprometido co seu tempo. A moitos axudounos a dicir que non estamos sós: temos un país e temos quen o cante.

Sementeira (1978): ?Un disco emblemático e moi definidor?

Logo de O tequeletequele e Galicia canta o neno, chegou o disco que acadou maior éxito, e que os proxectou con forza fóra de Galiza. ?Foi un gran bombazo, con dous temas que se converteron case en himnos e que marcaban as dúas liñas principais do grupo: as pezas con letras de grandes poetas contemporáneos, como 'Sementeira', escrita por Luis Álvarez Pousa, e a actualización da música tradicional, con 'A Carolina'. Foi un disco emblemático e moi definidor?.

Noutrora (1984): ?Había que ser moi coidadosos coa parte instrumental?

No 81 publican co selo galego Ruada Quen a soubera cantar. En 1983 dáse un cambio importante na formación, coa saída de Mini e Mero e a incorporación dun trío de instrumentistas, entre eles Antón Castro: ?Nese momento houbo unha posta en común, decidimos que había que integrar acordeón e gaita e ser moi coidadosos coa parte instrumental. Redefinimos musicalmente o grupo a partir das carencias que había de atrás. Foi un disco que traballamos moito en directo, e no que despuntan 'A costureira' e 'Iste vaise'?.

Sempre e máis despois (1999): ?Buscamos o arroupo instrumental que queríamos ter en directo?

Pasaron 15 anos ata que volveron publicar un disco. ?Foise facendo pouco a pouco, traballando moito sobre temas tradicionais, especialmente romances. Na elaboración dos temas buscamos o arroupo instrumental que queríamos ter en directo. Tamén houbo unha evolución vocal: de usar dúas ou tres voces pasamos a cantar a catro ou cinco voces. Tivo unhas vendas moi boas, que axudaron a manter de actualidade ao grupo. Foi aí cando se empezou a falar de volver a xuntarnos para tocar en directo?.

Terra de soños (2009): ?O soño de reelaborar temas xa míticos e darlles un selo novo?

A fin dunha paréntese de 20 anos sen tocar en directo produciuse o ano pasado, co proxecto que agora se recolle en disco. ?A concepción musical é a de respectar a dos últimos traballos. Para achegarnos aos temas de atrás, pensamos que debiamos contar con alguén novo que os reelaborase, e aí apareceu Xosé Luís Romero, que concibiu o tipo de instrumentación que queriamos. Foi unha sorpresa contar con grandes músicos novos que sentían a emoción de tocar con Fuxan os Ventos, e con colaboradores que se entregaron totalmente:Uxía, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní, Xabier Díaz, Guadi Galego, Mercedes Peón, Miguel Lustres ou Sabela Rodríguez. Terra de soños é o soño de reelaborar temas xa míticos e darlles un un selo novo?.

www.vieiros.com








Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0