Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O acervo musical galego abraia os ?erasmus? en Vigo |
|
A universidade dálle a benvida aos estudantes cun libro sobre os instrumentos tradicionais
A Universidade de Vigo deulle onte a benvida aos estudantes estranxeiros que pasarán este curso nalgún dos seus centros coa presentación do volume de Pablo Carpinteiro Arias Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural. Os 350 novos estudantes viviron en primeira persoa a súa primeira oportunidade de achegarse a tradición a través dun dos elementos do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, os instrumentos musicais; e os disfrutaron coa interpretación de diferentes pezas que o mesmo Pablo Carpintero fixo con algúns deles.
Para a presentación do volume? cuxo contido debulla cada luns Xornal de Galicia con fichas sobre os diferentes instrumentos? o autor do libro escolleu onte a trompa ou berimbau, o rabel, a caramela, unha gaita de fol con ronquillo e o tambor. Os estudantes, que puideron seguir cada unha das explicacións dos instrumentos dado que a recompliación se editou en formato tetralingüe, foron animándose aos poucos e remataron acompañando coas palmas o autor e os seus instrumentos.
PEZAS ARQUEOLÓXICAS
O obxectivo do catálogo é dar a coñecer só algúns dos moitos instrumentos musicais que ten Galicia. De feito, na introdución do libro alúdese a que ?un pobo que ocupa unha pequena extensión xeográfica ten, comparativamente, un dos maiores e máis interesantes acervos instrumentais do planeta, posto que conserva instrumentos musicais que son verdadeiras pezas arqueolóxicas?. Cuestión que se explicaría na ?creatividade dos galegos e o elevado grao de conservación do sistema cultural tradicional?.
Por razóns de espazo a escolma cínguese a un número reducido de instrumentos musicais escollidos pola súa representatividade. ?Son todos os que están pero non están todos os que son?, recoñece Pablo Carpintero.
O autor, doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago, realiza na actualidade un doutoramento no departamento de Historia da Arte sobre a gaita de fol e traballa no proxecto Ronsel da universidade viguesa para a recuperación do patrimonio inmaterial de Galicia.
Este lugués tomou coma principal fonte de información toda Galicia, coas áreas galegofalantes da zona do Eo-Navia, o Bierzo e Alta Seabra, amais do norte de Portugal. Así, co catálogo o que se pretende é facer pensar o lector nos cambios evolutivos que levaron a cada época ata cada un dos instrumentos. Unha evolución na que, segundo apuntan, as migracións das persoas xogaron un papel transcendental, entre elas os camiños a Santiago de Compostela, que?con seguridade tamén influíron no espallamento dos instrumentos musicais e da música galega?.
No acto de presentación e de recepción dos novos estudantes estiveron presentes o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, que lles deron a benvida á cultura galega.
www.xornal.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|