Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
o novo disco de Fuxan os Ventos co Xornal de Galicia |
|
As Festas de San Froilán remataron onte, por este ano, cun significativo concerto de Fuxan os Ventos. O grupo de folk galego naceu en Lugo, hai trinta e oito anos, pero nunca antes tocaran nas maiores festas que celebra a súa cidade.
Tras o paso de Amaral, Revólver e Los Planetas polos escenarios do San Froilán nos últimos días, Fuxan os Ventos interpretaron onte as notas que lle botaron o peche ás casetas de polbo á feira, acompañados de varios amigos músicos e demostrando que seguen en boa forma e que o seu espectáculo Terra de Soños segue a ser do mellor que deu o folk en galego nos últimos tempos.
Con eles tocaron Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.
Xoán Fuertes, un dos músicos da banda, explicou esta semana que que chegan a Lugo ?con moita ilusión? porque nunca actuaran ?dentro do programa de san Froilán?. E resaltou que o concerto chegou a todo o mundo por ser retransmitido en directo por Radio3. Ademais de Fuertes, forman a banda Carme Vázquez, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Maruja Fociños, Antón Castro, José Vazquez e Pedro Lucas.
FÁCIL CON XORNAL DE GALICIA
Esta xoia de colección está á disposición dos lectores de Xornal de Galicia a un prezo exclusivo a través dunha promoción que principia mañá mércores e que permite facerse co CD, DVD e libro Terra de Soños por un custo de só 18 euros. Os interesados en facerse con esta escolma unicamente terán que recortar o cupón que Xornal de Galicia publicará na súa contratapa as datas que van entre o día 14 e o 25 de outubro, para logo presentalo no seu quiosco habitual abonando a cantidade de 18 euros.
UN RETORNO AGARDADO
Logo de pasar unha década inactivos, Fuxan os Ventos voltaron aos escenarios, hai cousa dun ano, con dúas actuacións no Auditorio de Galiza, en Compostela, que foron a presentación de Terra de Soños, un concerto especial no que repasaron o mellor do seu repertorio. Foron pasando con este espectáculo por varias cidades galegas ata chegar onte a Lugo, nos mesmos días nos que que o espectáculo apareceu nas tendas en formato digipack, cun CD e un DVD. Dende o pasado mércores, o grupo galego vende esta edición dixital con máis dunha vintena de cancións populares gravadas en actuacións da súa última xira.
Editado por Boa Music, o disco recompila a modo de antoloxía algúns dos temas que o grupo fixo soados desde a súa creación no ano 1972, como A Carolina, O meu amor mariñeiro, Sementeira ou Cantigas de berce. Conta con colaboracións de artistas como Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Xavier Díaz, Pepe Ferreirós ou Rodrigo Romaní.
Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do noso folk atópase o eixo que vertebra este Terra de Soños: da música galega: Xabier Díaz (Berrogüetto) e Nova Galega de Danza.
Terra de Soños brinda a oportunidade de gozar de Fuxan os Ventos tanto á xente que os coñece, lembra e hoxe en día os ten aínda presentes como ás novas xeracións que poden ser conscientes do que foi o grupo para a música galega.
www.xornal.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|