Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Brañas Folk levará o Alalá do Cebreiro a Arxentina
O grupo Brañas Folk cruzará o charco o próximo mes de outubro para presenter o seu novo traballo "Alalá do Cebreiro" en Arxentina. A xira que comeza o día 8 cunha rolda de prensa na cidade de Bos Aires, rematará o día 12 cun concerto no Centro Galego de Mar de Plata.

Brañas Folk presentou no mes de xullo o que é o seu segundo traballo discográfico "Alalá do Cebreiro" (2009 PAI Música). Baixo este titulo xenérico saiu á luz o segundo traballo discográfico de Brañas Folk, agrupación liderada por Manuel Brañas desde o ano 2002 e despois da sua andadura coa célebre agrupación "Arco da Vella"; partícipe xunto aos grandes nomes da música galega do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.

Con "Alalá do Cebreiro" atopámonos cun traballo musical aberto, como se se tratase da mesma porta que dá entrada a unha Galicia chea de tradición e cultura, e receptiva do que por ela entra.

Un disco que contén o folk entendido do xeito mais tradicional como o própia peza que dá nome o traballo Alalá do Cebreiro. O medievo musical galego tamén está presente neste disco co tema "Canto das Chirimías da Catedral de Santiago" interpretada pola laureada "Coral de Ruada" onde reviven as chirimías e o organistrum, instrumento do Pórtico da Gloria. As composicións de autor tamén teñen un oco neste traballo, musicando poemas de Rosalía de Castro e Ramón Cabanillas.

"Alalá do Cebreiro" recolle tamén pezas con ritmos foráneos que xa forman parte do noso sentir musical. E como non podía faltar en terras ourensans, unha banda de gaitas, a Banda de Gaitas de O Barco, acompañan ao grupo no peche, o que pretende ser un disco homenaxe ao legado da cultura galega arroupado coas singulares e marabillosas voces femininas galegas de Uxía Senlle, Sonia Lebedisnski, Laura Amado e Mónica de Nut.

Datas de concertos en Arxentina:

8 de outubro: rolda de prensa na cidade de Bos Aires e presentación do disco " Alalá do Cebreiro"
9 de outubro: Concerto no Teatro Castelao - Bos Aires
10 de outubro: Concerto na Casa de Ourense - Bos Aires
11 de outubro: Concerto no Auditorio de Mar de Plata
12 de outubro: Concerto no Centro Galego de Mar de Plata


www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2009 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0