Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa Celta do Lugnasad (Cedeira)
O día forte da primeira edición da Festa do Lugnasad de Cedeira será o sábado, cando desde primeiras horas da mañá comece o asado do xabalí acompañado de música ambiental.

A vila gozará ás doce do mediodía dun espectacular desfile da banda de gaitas Robaleira xunto con todos aqueles que se presenten vestidos de época. Entre eles, as parellas que pola noite comprometeranse para o próximo inverno. Tras percorrer as rúas da vila cedeiresa, o desfile concluirá na praza Roxa. Durante a xornada haberá bailes, comida, xogos infantís chegados do mundo celta e un concurso sobre o clan mellor ambientado. Ás sete da tarde arrincarán as actuacións musicais, co grupo Asoaxe e Xavier no acordeón. Tras os enlaces, que arrincarán ás once da noite, comezará a cea dos noivos e todos os asistentes e ás doce haberá unha queimada.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-08-2009 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer