Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Manuel Viqueira no Alalá |
|
 Hoxe, martes, día 25/08/2009
O programa "Alalá" recupera esta noite a entrega dedicada a un dos mellores gaiteiros de Galicia, Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, coñecido en toda a comarca de Ordes desde que, con 11 anos, comezara a percorrer as romarías levando a maxia e a alegría da súa música. Manuel ten agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de mudarse a unha casa nova, é capaz de tocar horas e horas sen cansar, mentres ve como se van esgotando os músicos e os bailadores e, o que nunca soñara, acaba de gravar un disco.
Din os que saben disto que Manuel é único porque ten un xeito de tocar, o que se coñece como "tocar pechado", que antes era moi frecuente pero que agora xa ninguén domina. Ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e fai uns picados e uns trilos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro.
Ante todo, esta é a vida dun gran gaiteiro, orgulloso de selo e apreciado por todos os que o coñecen desde mozo, que ven chegar a Manuel e ven chegar a festa e as mellores lembranzas da súa xuventude. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Pena que o fillo non sexa t#blgtk08#an boa xente como o seu pai |
|
|
Comentario por (25-08-2009 10:04) |
|
|
2 |
jaiteiraso,si #blgtk08#señor!
|
|
|
Comentario por (25-08-2009 11:47) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|