Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Ateneo ferrolán suspende o Constantino Bellón por falta de apoio da Xunta de Galicia
O Concurso Internacional de Gaita non poderá ter lugar este ano 'debido á necesidade de atender outras prioridades específicas', segundo argumentan dende a Secretaría Xeral de Emigración, que subvencionaba o certame até agora.

A directiva do Ateneo Ferrolán remitiu un comunicado esta mañá en que comunica a suspensión deste certame, este ano na súa XIX edición, por incumprimento das bases en relación ao punto número 5, relacionado co premio "Gaiteiro de Soutelo", que convocaba a Secretaría Xeral de Emigración "co gallo de promocionar a participación da Galicia do exterior no Concurso "Constantino Bellón".

O certame estaba aberto a gaiteiros e gaiteiras dos centros galegos ou institucións da Galicia do Exterior, que debían enviarlle á Secretaría un CD gravado coa súa interpretación da peza"Patapau, xota do Pirata", de Pedro David Lamas Varela, facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado, e tamén unha partitura orixinal dunha peza de composición inédita, creada expresamente para este Premio, así como copia doutra tradicional ou de autor. O prazo de presentación rematara o 5 de maio deste ano, e os premios consistían na asistencia e participación, cos gastos de desprazamento e estadía pagados, ao concurso "Constantino Bellón", que organizaba o Ateneo Ferrolán o 31 de agosto.

"É unha falta de respecto ao traballo de moita xente"

"Recibimos, logo de ter varias conversas e ás portas da celebración, unha resposta breve e que nos desexa moitos éxitos", din dende o Ateneo. A resposta da secretaria xeral, con data do 24 de xullo, foi a seguinte "... debido á necesidade de atender outras prioridades específicas propias deste departamento, non será posible, nesta ocasión, colaborar coa devandita iniciativa cultural".

"É unha falta de respecto a moita xente que traballou ao longo de todo un ano", sinalan dende o Ateneo. "Gustaríanos saber cales son esas outras prioridades. Amais, estamos falando de catro pesos que non chegan a 6.000 euros, de pagarlles a viaxe a catro cativos". Lembran como o ano pasado conseguiran que a familia Seivane colaborase no certame elaborando unha gaita, como premio para o gañador do "Gaiteiro de Soutelo", que fora Santiago Agustín Molina. "A gaita xa custa máis en si do que pon Emigración. Unha familia pon máis da súa parte que as administracións".

"Non entendemos que Emigración, que ten un orzamento á parte, faga isto", sinalan. "Implica non poder executar o certame, todo o que estaba feito rompe por todos os lados. Tampouco é que esteamos pedindo unha cantidade esaxerada". A directiva convoca a celebración prevista para este ano para o vindeiro, e o XIX Constantino Bellón terá lugar o 31 de agosto do 2010.

www.anosaterra.org

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (15) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Por 6000? A quen queren enganar? Se so fora por iso pod#blgtk08#eríanos conseguir en calquera parte. Esto cheira mal...
Comentario por (21-08-2009 00:12)
2 Me encanta. Feijoo eres un crack, deixa que os que cuspen p#blgtk08#ara arriba levan da súa menciña...


Comentario por Xabier (21-08-2009 10:47)
3 2: Puto fach#blgtk08#a de merda.
Comentario por (21-08-2009 11:07)
4 Menudos catro anos lles espera a cultura galega, estos si que comezaron forte, suprimindo case que #blgtk08#todo q que ten que ver co noso.Pero nos, bah!!!, que sigan mexando por nos!!!!....

Comentario por Manuel (22-08-2009 11:27)
5 Que eu saiba a Secretaría de Emigración só pagaba os billetes dos gaiteiros do exterior. Que ten que ver a celebración do "resto" do concurso con iso? Entendería que suspendesen o premio Gaiteiro de Soutelo, por no poder costear as viaxes deses gaiteiros, pero os 3000 € do #blgtk08#gañador, os 2000 € do concurso de composición e os dous accesits non os pagaba esa Secretaría. Por que non se celebra o concurso entón, aínda que sexa sen o premio Gaiteiro de Soutelo (como se facía ao principio)? A organización do Bellón coa súa habitual "transparencia"...
Comentario por (24-08-2009 04:03)
6 Emigración tan só é un chiv#blgtk08#o expiatorio de todo isto.
Comentario por (24-08-2009 10:52)
7 http://www.lavozdegalicia.es/fer#blgtk08#rol/2009/08/24/0003_7925662.htm
Comentario por (24-08-2009 12:23)
8 E iso de que a gaita xa é máis cara que o que poñía Emigración... Ou moito subiu Seivane os prezos ou creo que uns billetes #blgtk08#de avión desde América son bastante máis caros. Como sempre seguimos a mentir desde a organización do Bellón. Así lles vai!
Comentario por (25-08-2009 02:00)
9 O que fan é demagoxia continuamente. Como dixo a Xunta (e ainda sen ser da miña devoción) é que so aportaran 3000 euros e que#blgtk08# o Ateneo esixialles 5000 máis. Que quere esta xente? que lles pague todo a xunta? Entón que lle cambien o nome ao concurso!
Comentario por (25-08-2009 21:06)
10 Fálase por falar, .... o concurso completo está formado por 15 puntos se falla o nº 5, entón falla o 6 .. rómpe#blgtk08#se enteiro! Demagoxia facédea os políticos, foron votados para apoiar que deixen de chorar! Xa serán botados!
Comentario por Manolo (02-09-2009 11:32)
11 Eses "puntos" nin seguen unha orde cronolóxica ni#blgtk08#n dependen uns doutros. Ti si que fas demagoxia!
Comentario por (02-09-2009 12:30)
12 Enjoyed every bit o#blgtk08#f your blog.Great.
Comentario por GHD straighteners (30-07-2010 06:04)
13 Thanks for this! I’ve been looki#blgtk08#ng all over the internet for it.
Comentario por MBT shoes (30-07-2010 06:04)
14 Thanks for this! I’ve been looki#blgtk08#ng all over the internet for it.
Comentario por MBT shoes (30-07-2010 06:05)
15 Thanks for this! I’ve been looki#blgtk08#ng all over the internet for it.
Comentario por MBT shoes (30-07-2010 06:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer