Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Tonhito de Poi
O ex compoñente de Heredeiros da Crus actuará mañá co seu novo grupo Rasa Loba na vila condal de Gondomar

Unha manada de lobos. Así define Tonhito de Poi o último proxecto musical no que está inmerso Rasa Loba, que mañá tocarán en Gondomar como actuación estrela que precederá aos concertos do “Rock no río” do sábado. Aínda que como o antigo líder de Heredeiros da Crus di máis que cantar pensan “ouvear” no Parque da Coelleira a partir das 22.30 horas.

– Para os que non coñezan a nova formación, ¿qué directo se vai atopar o público que se achegue ao concerto?
– Vai ser unha actuación brutal. Non admito que ninguén poida saír decepcionado dun concerto. Non se lle pode facer perder o tempo a xente. Somos unha banda de moita raza, aínda que mellor dito somos unha manada de lobos rockeiros.

– ¿Cal é a diferenza principal entre o estilo de Rasa Loba e de Heredeiros?
–Pois daquela apostabamos polo rock, pero agora xa estamos a falar dun sonido metal.A guitarra eléctrica é a protagonista. A Sachadora – o nome da súa– é a responsable dos novos temas.

– Non bota de menos polo que se ve esa etapa de grandes éxitos...
–Crecimos co grupo. Sacamos sete discos nos catorce anos que estivemos xuntos. Non obstante, era tempo de buscar cada un o seu camiño. É algo así como independizarse da casa dunha nai, estase ben pero hai que evolucionar.

– ¿Considera que marcaron una xeración de mozos galegos?
– Non. Un grupo vai crecendo co público. Heredeiros eran tanto os que tocabamos como os que escoitan.

–Máis dalgún pai ou avó botou pestes pola boca ao escoitar a súa música nos cuartos dos seus fillos e netos...
–Hai moita xente que cando chega a certa idade esquece que eles foron mozos. Eu diríalles que non hai diferenza entre o que escoitan os rapaces agora aos 20 anos e o que escoitaban eles.

–Despois tivo unha mala experiencia coa Banda de Poi.
–Digamos que había unha froita podrida que contaminaba aos demais. Tentabamos reivindicar que o río Miño non é unfra fronteira, senón un lugar de paso. Agora con Rasa Loba deixamos iso nun espazo secundario e falamos de moitas cousas.

– ¿Coñecía a comarca?
–É un paraíso. As praias, os montes... Ademais hai moitos por aí que saben de min (risas).

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer