Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Carlos Nuñez
O gaiteiro vigués Carlos Núñez consegue un galardón histórico ao ser recoñecido xunto con Enya e Sharon Shannon nos Ireland's Music Awards

Con tan só 12 anos Carlos Núñez, un dos músicos galegos máis internacionais, foi invitado a tocar como solista na Orquesta Sinfónica de Lorient. Dende entón non parou de colleitar éxitos en todo o mundo. O último, en Irlanda, onde resultou galardoado a semana pasada nos Ireland's Music Awards como mellor artista continental. Canda el resultaron tamén premiados Enya e o grupo Sharon Shannon. Carlos Núñez pode presumir de ter actuado nos escenarios máis prestixiosos: desde o Carnegie Hall de Nova York ata o Royal Albert Hall de Londres tocando ao lado de artistas da talla de Bob Dylan ou Lou Reed. O seu último traballo, Alborada do Brasil, que fusiona música celta e brasileira, foi gabado pola mesmísima María Teresa Fernández de la Vega a comezos de mes nun percorrido que realizou polo Brasil para reunirse con Lula da Silva.

-¿Que supón este galardón na súa traxectoria?
-Este premio significa a consolidación de moitos anos de esforzo, de ir labrando pouco a pouco o público dun país como é Irlanda, celtocéntrico. Demóstranos que a música celta non é un soño, senón unha realidade. Unha realidade que no fondo amosa unha conexión entre Galicia e Irlanda. Significa que non é que os galegos vendamos a Breogán ao mundo, senón que son os irlandeses os que o adaptan á súa cultura. Sobre todo faime sentir orgulloso de ser galego.

-¿É o mercado irlandés a súa aposta de futuro?
-Irlanda é un país pequeno, protexen moito aos seus artistas e por iso a entrada non foi fácil. Son moi protectores. Isto, unido a que é un país reducido, fai que non permita moito.

-¿Pouca proxección?
-En realidade, as súas dimensións fan que non soporte moitos concertos ao ano. Pasa como con Galicia, se queres facer cousas especiais teñen que ser selectivas. O certo é que o meu horizonte agora mesmo está na consolidación do imaxinario galego-brasileiro, penso que as conexións que recolle Alborada do Brasil están por formarse.

-¿Débese a iso a fusión de ritmos do último disco?
-Si, é unha conexión que quería abordar dende hai uns dez anos, que foi cando fun por primeira vez alí, de xira. Decidín esperar un pouco para meterme de cheo nese gran mastodonte que é Brasil. É un país enorme. Foi hai tan só tres anos cando empecei a indagar e descubrín un país moito máis galaico do que pensaba. Realmente foi un traballo enorme, pero pagou a pena. Penso que as críticas a este novo traballo están sendo boas.

-¿Existe algunha receita para o éxito?
-[Risas]. Pois no meu caso, constancia, pero sobre todo independencia. É moi importante que un artista sexa independente mesmo incluso politicamente. Intento que a miña música estea ao servizo de Galicia e da súa cultura, non de ningún partido político.

-¿Segue algún ritual antes de saír ao escenario?
-Gústame palpar o ambiente cinco minutos antes. Cada lugar é un mundo. Fago coma os músicos franceses do barroco, intento adaptar o tempo, a velocidade e os temas ao estado de ánimo do público. Sempre trato de percibir o sentir xeral dos que queren gozar da miña música.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer