Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carlos Núñez gaña o Ireland's Music Award para artistas europeos

O vigués Carlos Núñez gañou o premio ao Mellor Artista Continental, destinado a músicos europeos de fóra de Irlanda, nos Ireland's Music Awards.

O gaiteiro galego Carlos Núñez gañou o premio irlandés de Mellor Artista Continental nos Ireland's Music Awards. O músico tamén estaba nomeado a outras dúas categorías: Mellor Instrumentista e Mellor Grupo de Música Celta. Ademais de Núñez, ao premio de Mellor Artista Continental concorrían Salsa Céltica, Capercaille, Flook, Bellowhead e Mike McGoldrick.

O premio ao Mellor Artista Continental concédese a artistas de Europa (excepto Irlanda) e esta foi a primeira vez que se lle outorgou a un músico non nacido nas Illas Británicas.

Núñez (Vigo, 1971) presentou en Irlanda hai uns meses, no National Concert Hall de Dublin, temas do seu novo disco Alborada do Brasil, coa asistencia no público da presidenta de Irlanda, Mary McAleese.

Alborada do Brasil (Sony Music) é unha viaxe iniciática en busca das conexións musicais entre Galicia e Brasil, no que participan artistas como The Chieftains, Carlinhos Brown, Lenine, Adriana Calcanhotto, Jacques Morelenbaum ou a Escola do Samba Beija Flor.

Outros gañadores do Ireland's Music Awards foron Enya (Mellor Vocalista Feminina) ou Sharon Shannon (Mellor Grupo Tradicional).

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2009 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer