Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Terra Brava (O Incio)
O INCIO ACOLLE A VII EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 23 DE AGOSTO

As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, e concertos pola noite.


Un ano máis, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). Trátase dunha festa que camiña xa pola VII edición consecutiva procurando en cada unha delas a participación de todo o pobo a través das distintas propostas, tanto musicais como de animación e gastronómicas.

As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de gaiteiros do Incio Arandela, que animarán as rúas da vila e os prolegómenos do xantar que se celebra cada ano no mesmo lugar do festival, e ao que asisten máis de 400 persoas. A sobremesa tamén estará animada polos gaiteiros e músicos espontáneos que queiran sumarse á festa. Segundo un dos organizadores, Carlos Núñez, o xantar e un dos momentos que máis gusta aos asistentes xa que “supón un punto de encontro entre varias xeracións das distintas familias e persoas que acoden, algunhas das cales residen fora e soamente se reúnen nestas datas de verán”.

Pola tarde está prevista a realización de varios obradoiros de xogos para cativos e maiores e a animación musical do home orquestra Cé Orquestra Pantasma, quen tamén actuará pola noite completando o cartel do Festival cos grupos Tanto Nos Ten - a revelación do ano na música tradicional -, e Os Cuchufellos, que dende Manzaneda nos traen unha explosiva festa de fanfarria balcánica ao xeito máis galego.

O festival que se celebra no Incio leva o nome que o finado escritor Ánxel Fole lle daba a estas terras nas que viviu unha tempada, a Terra Brava. Este é tamén o título dun dos seus libros, no que se refire en varias ocasións aos costumes e paisaxes do lugar. Curiosamente, a festa lévase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende O Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor, ao final da rúa Ánxel Fole dedicada na súa memoria.
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 foder¡¡¡ que alto pican no incio. teñen#blgtk08# de organizador a Carlos Nuñez.jejej...
Comentario por (19-08-2009 23:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer