Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Alberto Coya, gañador do Trofeo MacCrimmon de Lorient
O solista convértese no sexto galego en lograr o Trofeo MacCrimmon de Lorient

No ano 1983, naceu e non precisamente cunha gaita debaixo do brazo. Foi a partir do boom do fenómeno Carlos Núñez cando o morracense (da parroquia canguesa de O Hío) Alberto Coya comezou a fixarse no instrumento tradicional galego. Agora, converteuse nun virtuoso ao ser o sexto galego da historia en conquistar o Trofeo MacCrimmon do Festival Intercéltico de Lorient. Coa súa fazaña, sitúase no podio dos grandes, ao nivel de Carlos Núñez, Hevia, José Manuel Tejedor, Edelmiro Fernández ou Daniel Bellón.

Tróuxo o MacCrimmon para casa sendo esta a terceira vez consecutiva que o premio vén a Galicia. Unha fazaña...

Non o vexo unha fazaña. Quizais non me deu o subidón que tivera outras veces con outros concursos (Constantino Bellón, As Mariñas de Betanzos...). Pero si estou moi satisfeito por telo conseguido. Este era o último ano que me presentaba e decidín poñer toda a carne no asador.

Nas últimas catro edicións quedara finalista no Trofeo, ¿cal foi a súa aposta oficial para levarse o premio este 2009?

A diferenza doutros anos, toquei con gaita asturiana, arriscando porque a teño desde fai tres meses. Neste concurso, os gaiteros deben tocar un tema galego, outro asturiano e un bretón. Para os galegos, é máis complexo tocar a gaita galega porque a asturiana é máis complicada. Un bo gaitero asturiano ten máis mérito que un galego, porque o instrumento astur está menos evolucionado que o noso, a gaita galega, digamos, pónnolo máis doado á hora de tocar.

logrou un dos seus soños gañando este trofeo. ¿Que ten en mente agora?

Este concurso era un reto, un obxectivo persoal que me marcou fai tempo ata antes de aprender a tocar a gaita. En principio, pensaba non seguir concursando porque cumprín as expectativas postas nos concursos. Levo seis anos concursando e quero cambiar de rutina. Quero ter un grupo para gozar da música. En certo xeito, os concursos foron as miñas únicas actuacións. Axudáronme a coller táboas no escenario pero tamén me deron moitos nervios.

Cre que Galicia sacou proveito de ser a invitada de honra no Festival de Lorient deste ano?

Creo que foi un exitazo rotundo. No pavillón galego, había escenario, tendas de artesanía e restaurante ademais de stands informativos de Turgalicia. Só nos dous primeiros días se contabilizaron 30.000 persoas e o festival durou dez xornadas.

Fálase de crise, da perda de peso de folk, Lorient escápase de todo iso?

O festival está en reformas tralo cambio na directiva, agora, en mans dun asturiano. O vindeiro ano, cumpre 40 anos. Neste 2009, parece que se recuperou un pouco o festival do baixón do pasado ano pola disminución na venda de entradas por mor da crise.

Cre que nos festivais galegos como Ortigueira ou Moaña vense máis como reunión de botellón que como espazo de goce musical?

Nunca estiven en Ortigueira, pero si se transmite máis a imaxe ao lado festivo que o lado cultural. A música galega debe ter música para a festa pero tamén música exquisita, para escoitar; quizais, máis culta, o que non quere dicir elitista.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer