Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O último Intercéltico de Moaña?
O goberno moañés estuda pór fin ao que foi a referencia do folk por consideralo estancado e sen proxección

Milladoiro puxo fin ao que moi probablemente foi o último Festival Intercéltico do Morrazo. O goberno moañés aínda non tomou a decisión, pero leva semanas dándolle voltas á idea de darlle carpetazo ao festival. De feito, se se celebrou esta edición é porque cumpre 25 anos. Faise reducido en días e orzamento, con menos axuda da Xunta, aínda que cun cartel de primeira liña: Gwendal e Milladoiro.

Custo elevado
O alcalde moañés, un tanto remiso a falar do asunto, admite que o festival representa para o Concello un elevado custo en relación «cos rendementos». é un evento consolidado, pero, recoñece Xosé Manuel Millán, estancado desde fai anos.
«Pese ao moito esforzo feito, non se conseguiu relanzalo. Precisase máis seguridade económica e máis orzamento», di o rexedor moañés. Refírese á tardanza habitual das institucións que colaboran economicamente en dar o visto e prace á subvención, o que xera tal incerteza que, ás veces, chega a paralizar a programación. En ocasións, ademais, tamén se atrasa en pago do diñeiro comprometido.

O orzamento deste ano baixou a 100.000 euros. A achega da Xunta limítase a 33.000, parte a través do Xacobeo e parte, da Dirección Xeral de Cultura. A Deputación pon 8.000 e Caixanova, 4.000. O ano pasado, as achegas externas ao Concello alcanzaron case os setenta mil euros.
O Concello asume o resto, 55.000 euros, de fondos propios. O festival non xera ningún ingreso específico. Desde fai anos, a entrada é gratuíta

En fin, que o festival folk máis lonxevo de Galiza, polo que pasaron todos os grandes grupos do chamado mundo celta, ten un orzamento que non chega á quinta parte do de Ortigueira, ao que o Xacobeo apoiou este ano con 600.000 euros.

Moaña tampouco apostou por asociar festival e acampada. Fíxoo nalgunha das edicións, pero de forma restrinxida. Na actualidade, en moitos municipios de Galiza celébranse festivais folk.

Uns están consolidados e outros desapareceron. «Agora, cada aldea ten ou seu festival de folk. Os que trunfan non ofrecen tanto música como posibilidades de lecer, incluíndo acampada e botellón», di Xosé Manuel Millán.

Sen proxección
Non hai visos de que a dinámica do Intercéltico vaia cambiar. «Tiña que ter unha proxección, un sentido máis alá, pero a función que cumpría nos anos noventa, agora xa non a ten», admite o alcalde moañés. «A decisión non está tomada, Pode variar. De decidir porlle fin, eses fondos irán para a oferta cultural do verán en Moaña.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer