Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os Seráns no Alalá |
|
 Hoxe, martes, día 11/08/2009
"Alalá", o espazo documental sobre música tradicional que presenta Pilar G. Rego, lembrará o programa dedicado a descubrir Os Seráns, un tipo de festa que hai décadas se celebraba nas aldeas durante os meses de inverno, cando baixaban as temperaturas. Este tipo de reunións en que a xente se reunía para cantar e bailar podía ter nomes diferentes segundo a zona, pero nesta ocasión "Alalá" achegarase aos seráns que se facían no sur da provincia de Pontevedra, concretamente estaremos na parroquia da Ermida, en Pazos de Borbén; pasará por San Vicente de Oitavén, en Fornelos de Montes, e chegará a Aboal, no concello de Mondariz.
Grazas a que os seráns se volveron poñer de moda asegurando que o proceso de transmisión da tradición funciona, cando se xuntan todas as xeracións, coñeceremos hoxe o divertimento propio dunha época que cos anos foi esmorecendo pouco a pouco. Pero as ganas dos veciños de contar todas as andanzas dos seus anos mozos segue viva e neste "Alalá" estarán todos os protagonistas, quen viviu os seráns e quen axudou a recuperalos, neste caso, o investigador de todo este proceso, Luís Prego, o que supuxo moitas horas e días escoitando con ansia e agarimo a todos os veciños.
Que era o serán e onde se facía? Sorprenderalles saber que o escenario, na Ermida por exemplo, era unha corte, a do gando, onde estaban os animais e o esterco. Para bailar, por suposto, había que baleirala e axeitala, o que supuña un enorme traballo.
Aquelas reunións divertidas recórdanas tamén as veciñas de San Vicente de Oitavén. Neste lugar o serán tiña algunha variante. Por exemplo, o xeito de anuncialo era "a peito", percorríanse os camiños cantando antes de comezar e, desta maneira a xente quedaba informada. Despois de rematar as duras faenas do campo, as mulleres arranxaban o "salón de baile" botándolle area que se carrexaba en cestas e caldeiros.
En Aboal, no concello de Mondariz, empregaban outro local para os festexos nocturnos da longa invernía. Nesta parroquia facían para a ocasión unha "casa do baile", unha especie de cabana construída con palla, piñeiros, xestas e codesos e tan ben traballada que non entraba pinga de auga. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|