Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Desconcerto 09 en Betanzos
Cartel de música do Desconcerto 09

O colectivo de grupos dos locais municipais de ensaio de Bellavista (esa factoría de sonos que puxo a andar o BNG en canto tivo responsabilidades de goberno na área de xuventude en Betanzos hai xa seis anos, xermolo da Rede Galega de Locais de Ensaio, e que o PP criticou primeiro e logo sepultou nunha sutil e calculada indiferencia), Galiza Nova e Mandeo Records, a produtora doutro fenómeno musical de Betanzos que responde ao nome de Dani López, organizan este venres un festival humilde e caseiro.

O Desconcerto, cun xogo de palabras que xa se fixera na inauguración, precisamente, dos locais de ensaio. Un berro desde a praza do Concello, o cerne mesmo do corazón da cidade de Betanzos (o seu Casco Histórico) que levará toda a forza da mocidade por unhas horas ás máis vetustas pedras do castro de Unctia e unha chamada de atención cachonda e festeira para os gobernantes, para que miren a música que fan os grupos noveis e conten con eles nas programacións que se fan ao longo do ano. Algún cartel coma este aínda veríades pola rúa de seguro, a pesar de que alguén dedicou moito esforzo a arrincalos con saña, tal vez confiando en que grazas a tan desinteresada acción o Desconcerto fose un fiasco. Alguén anda nervioso ao ver como a xente nova é capaz de autoorganizarse para darse as cousas que lle gustan. Mais diso xa falaremos.

Mañá subirán á tarima da praza do Concello catro grupos, dous de Betanzos e dous da Coruña, mais todos con algún integrante betanceiro, a amosar a potencialidade das bandas noveis da redonda. Dispostos a demostrar que se pode facer boa música, galega e na vangarda. Desde aquí ao lado e válida para amosar a calquera, sen complexos.

Cartafol do Mandeo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-08-2009 02:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer