Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manuel Rivas entra na Real Academia Galega
A institución que preside Xosé Manuel Barreiro acorda nomear membro electo ao xornalista

Manuel Rivas xa é académico. O escritor e xornalista coruñés foi nomeado onte membro electo da Real Academia Galega e ocupará a vacante que deixou o falecemento, en novembro de 2008, do académico numerario Camilo González Suárez-Llanos, máis coñecido na literatura galega como Camilo Gonsar, segundo informou a institución nun comunicado.
Nacido na rúa Marola do barrio coruñés de Monte Alto en 1957, Manuel Rivas é xa unha das figuras fundamentais da historia da literatura galega. Licenciado en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, estudos que compatibilizou co seu traballo en publicacións como Loia ou Teima, é hoxe un prestixioso xornalista e un escritor traducido a máis de vinte linguas.
Premio da Crítica Española por Un millón de vacas (1989), O lapis do carpinteiro (1998) e Os libros arden mal (2006) e Premio da Crítica de Galicia por En salvaxe compaña (1994) e Os libros arden mal (2007), Rivas tamén é un dos escasos premios nacionais da narrativa galega, no seu caso polo libro de relatos ¿Que me queres amor? (1996). Un deles, “A lingua das bolboretas”, deu pé a unha das primeiras adaptacións cinematográficas da súa traxectoria.
Non hai xénero que non tocase Rivas: nin o teatro (O heroe, 2005), nin o relato (Ela, maldita alma, 1999), nin o ensaio xornalístico (Galicia, el bonsai atlántico, 1990), nin a novela (A man dos paíños, 2000), nin a narrativa para mozos (Bala perdida, 1997), nin a de cativos (O sombreiro chichiriteiro, 2009) nin a poesía, linguaxe case iniciática do escritor coruñés –reunida en Do descoñecido ao descoñecido– á que vén de contribuír novamente cun libro nas catro linguas peninsulares, La desaparición de la nieve, 2009.

Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer