Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Máis de 30.000 persoas pasaron polo pavillón galego no festival celta de Lorient
Máis de 30.000 persoas visitaron xa o pavillón de Galicia no XXXIX Festival de Música Intercéltica de Lorient (Francia), segundo os datos de Turismo de Galicia divulgados onte. O festival da cidade bretoa é o encontro internacional máis importante do mundo celta, e dedica cada edición a un dos territorios celtas. Este ano, o país convidado é Galicia.
A Secretaría Xeral de Turismo organizou un programa de promoción de Galicia no encontro musical, centrado no pavillón de mil metros cadrados instalado no recinto do festival, que acolle actuacións musicais, exposicións, demostracións de artesanía, degustacións culinarias dos produtos galegos e material promocional sobre a comunidade.
A música galega non deixará de soar durante os dez días do festival, e, xunto a grupos consagrados como Berrogüeto, Fía na Roca, Lamatumbá, Carlos Núñez, Emilio Cao ou Rosa Cedrón, salientan as actuacións de formacións emerxentes como Pradairo, Limagogia, Lulavai, BoNoVo ou Ialma.
A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, salientou na presentación da delegación galega no festival “os lazos comúns que unen a Galicia co resto dos países celtas” e lembrou que a comunidade autónoma “é hoxe un territorio con gran personalidade, moderno e ao tempo moi identificado coas tradicións do contorno”.
A responsable de Turismo informou nun comunicado de que se reuniu co presidente das cámaras de comercio de Bretaña co obxectivo de chegar a un acordo coas axencias de viaxe bretoas para comercializar o vindeiro Xacobeo 2010 como un produto turístico.

Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer