Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BASES DE PARTICIPACIÓN NAS X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS
Anexo I: BASES DE PARTICIPACIÓN NAS X XORNADAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAIS GALEGAS

1. A Concellaría de Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc as X Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar nas datas e lugares que se especifiquen nas respectivas convocatorias anuais. Haberá igualmente un acto de presentación cuxa data e lugar se indican na convocatoria.

2. Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos. Neste sentido o xurado poderá requirir a presentación dalgún documento de identificación de calquera das persoas participantes.

3. A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n – 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, no prazo que se recolla na correspondente convocatoria anual. O devandito impreso de solicitude poderase conseguir na oficina de Información do Concello de Vigo ou a través da páxina web www.vigo.org.

4. O comité organizador das xornadas terá por compoñentes tres membros da Asociación Cultural Interfolc e un técnico do servizo de Animación sociocultural do Concello de Vigo. Este Comité seleccionará entre todas as solicitudes recibidas un total de doce agrupacións. Teranse en conta os seguintes criterios: calidade do grupo, experiencia nacional e internacional, participación noutros certames ou festivais, premios obtidos, número de compoñentes. As datas de actuacións recóllense na respectiva convocatoria anual.

5. As agrupacións participantes comporanse necesariamente de corpo de baile e grupo de acompañamento, e vestirán todos eles o traxe tradicional. Ningún bailarín ou grupo de acompañamento poderá tomar parte nas xornadas con máis dunha agrupación; isto sería motivo de descualificación para as agrupacións implicadas.
6. Cada agrupación seleccionada bailará en dúas intervencións diferenciadas, cunha duración mínima de 3 (tres) minutos e máxima de 5 (cinco) minutos cada unha delas (o cómputo do tempo de cada peza iniciará cando soe algún instrumento ou voz de canto) e que deberán indicar no impreso de solicitude de inscrición, xunto co seu historial completo e detallado; non poderán ser cambiadas sen consentimento do comité organizador. As agrupacións que se clasifiquen para a fase final deberán cambiar unha das pezas obrigatoriamente.

7. A orde de actuación das doce agrupacións seleccionadas decidirase mediante sorteo público (ao que poderá asistir un representante por cada grupo) que se realizará na Casa do Concello na data que indique a correspondente convocatoria.

8. O xurado das xornadas será designado polo comité organizador e estará presidido polo concelleiro de Animación sociocultural do Concello de Vigo ou persoa en quen delegue. Como vogais actuarán catro persoas de recoñecido prestixio, relacionadas co mundo da danza e da música tradicionais galegos. Como secretario/a actuará un/unha funcionario/a municipal designado/a polo comité organizador, con voz e sen voto.

9. O xurado valora de 0 a 10 puntos a cada agrupación e terá como base fundamental os seguintes criterios: calidade artística dos bailaríns, grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e do vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento. Será motivo de descualificación non axustarse ós prazos de tempo estabelecidos para cada danza na base número 6.

10. O veredicto do xurado farase público ao remate da segunda quenda de actuacións, e pasarán á fase final as seis agrupacións que obteñan maior puntuación, que volverán actuar con dúas danzas o día da final seguindo rigorosamente a orde inicial. En caso de empate resolverá o voto de calidade do presidente do xurado.

11. Os premios estabelecidos polo comité organizador recóllense na respectiva convocatoria das Xornadas. Estes premios estarán suxeitos á normativa fiscal que sexa de aplicación. O comité organizador aboaraos, mediante transferencia bancaria, nos quince días hábiles seguintes ó final das xornadas, así como os gastos de desprazamento. Co obxecto de realizar estes pagamentos, as agrupacións deberán achegar obrigatoriamente á solicitude de inscrición unha fotocopia compulsada do CIF e unha certificación bancaria.

12. O veredicto final do xurado farase público tras a actuación das seis agrupacións finalistas e da correspondente deliberación. A continuación entregaranse os premios.

13. O Concello aboaralle a cada agrupación participante de fóra do termo municipal de Vigo a cantidade de 240 euros en concepto de gastos de desprazamento e 120 euros no caso das agrupacións da cidade. Así mesmo, aboaráselles estas mesmas cantidades aos seis finalistas pola segunda asistencia ao acto final. Os devanditos gastos deberán acreditarse cos correspondentes xustificantes.

14. A organización das xornadas declina calquera responsabilidade sobre os posíbeis accidentes ou danos que os participantes poidan sufrir durante a súa participación.
15. A mera solicitude de inscrición nas xornadas supón a aceptación plena das presentes bases. Así mesmo, os veredictos do xurado serán inapelábeis.

16. O comité organizador e o xurado quedan facultados para resolver as posíbeis controversias ou dúbidas que poidan xurdir na interpretación das presentes bases, así como para tomar iniciativas que contribúan ao bo desenvolvemento das xornadas.

17. Os espectáculos incluídos nas xornadas serán destinados ao público en xeral. O acceso ao teatro-sala de concertos Caixanova será publico e gratuíto, limitándose o número de asistentes ao aforo do recinto do Centro Cultural Caixanova para o que se realizarán as oportunas invitacións Cada grupo participante poderá dispoñer de un máximo de 40 invitacións por día de actuación. O resto das invitacións ata completar o aforo (ata un máximo de dúas por persoa e día) recolleranse no despacho de billetes do Centro Cultural Caixanova 90 minutos antes do comezo do espectáculo os días de presentación, eliminatorias e final.

18. O primeiro clasificado das Xornadas participará no acto central do Festival Folclórico Internacional do ano seguinte. Igualmente participará neste Festival o mellor clasificado entre os grupos locais vidos da cidade de Vigo.


DATAS PARA AS X XORNADAS DE DANZAS E MÚSICAS TRADICONÁIS
ACTUACIÓN DÍA HORA LUGAR
Presentación 21 de Novembro, SÁBADO 19 a20,30 Teatro Caixanova


1ª final 29 de Novembro, DOMINGO 18Horas Audit. De Valadares


2ª final 6 de Decembro, DOMINGO 18Horas Audit. De Valadares


Final 27 de Decembro, DOMINGO 18 horas Teatro Caixanova


Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 GRUPOS PARTICIPANTES:

1- C.C. A Ponte Vella (Teo)
2- Rosalía de Castro (Cacheiras)
3- Colexiata do Sar (Santiago
4- Malveiras (Vilagarcía)
5- Flores Novas (Vigo)
6- Xirandola (Bandeira)
7- Tahume (Olveira-Riveira)

PREMIOS:

1º premio: 1.700 euros, medalla e diploma.
2º premio: 1.000 euros,#blgtk08# medalla e diploma.
3º premio: 500 euros, medalla e diploma.
4º, 5º e 6º clasificados: accésit de 100 euros. E diploma
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 300 euros.
Premio especial ao mellor vestiario de grupo: 500 euros.
Premio especial á mellor actuación de danza tradicional con coreografía arranxada: 1.000 euros.

Comentario por javi (06-11-2009 09:53)
2 coreografia arra#blgtk08#nxada¿?¿?¿? puff
Comentario por (06-11-2009 11:16)
3 cambio de dia solo hay a final o 27 de#blgtk08# decembro "creedes que unha boa data"
Comentario por david (10-11-2009 10:07)
4 cambio de dia solo hay a final o 27 de#blgtk08# decembro "creedes que unha boa data"
Comentario por david (10-11-2009 10:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer