Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo concurso no Luar da TVG

Dende o programa Luar queremos anunciarvos un novo concurso que estamos a preparar de cara á vindeira tempada 2009-2010.

Trátase dunha competición entre agrupacións folclóricas, cunha dinámica semellante á do Vai de Baile, na que catro ou cinco parellas por agrupación enfrontaránse a ritmo de muiñeira. En cada programa competirán dúas formacións bailando a mesma peza interpretada pola nosa comparsa. As actuacións serán valoradas e puntuadas por un xurado de expertos. Por suposto haberá unha dotación económica para o gañador e o subcampión, ademáis de para sufraga-los gastos dos concursantes de cada venres.

A nosa intención é comezar a mediados de septembro coa nova sección, para o que precisamos que se poñan en contacto con nós as agrupacións interesadas. Desde xa, todos os que queiran recibir máis información poden solicitala no noso enderezo electrónico: luar@crtvg.es, achegándonos os seus datos. Ainda que en agosto non estaremos operativos, comprometémonos a contactar en setembro con todos aqueles que nos trasladen o seu interese en participar.

Saudos e longa vida ó folclore galego!
Comentarios (11) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2009 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 ala, quitan o de parellas por uno de agrupacions, con bonito que era o de parellas e unha das#blgtk08# partes que mais se veia do programa.
En fin, espero que saia adiante o novo proxecto
Comentario por (04-08-2009 00:39)
2 ala, quitan o de parellas por uno de agrupacions, con bonito que era o de parellas e unha das#blgtk08# partes que mais se veia do programa.
En fin, espero que saia adiante o novo proxecto
Comentario por (04-08-2009 00:42)
3 A organización do VDB xa non era demasiado boa, a verdade.

A carallada do concurso que obrigaba as parellas a estar todo o día no lugar de realización do programa, para ensaiar ao mediodía....

Non ter tempo nin para pensar que ritmo vai, entrar e saír correndo do escenario... E o límite de tempo tomado polo Gayoso, reloxo en man... Non houbo, en todo o concurso, dúas parellas que bailaran o mesmo tempo.

Logo, ter que "sufrir" coas opinións "estilísticas" dun xurado no que ningún dos seus membros ten o mesmo "estilo" ....

Que terá que ver o estilo de C#blgtk08#arlos Xosé co de Olga, por exemplo? Cal dos dous ten o estilo "correcto"?

Entendo que, en cuestións estilísticas, cada quen..., que opine. Eu, se levo os brazos dunha forma, non entendo por que me teñen que dicir que cambie esta forma. Pode que o meu avó os levara así, non?

Agora, o mesmo, pero con grupos.... En fin, a ver que sae disto...

Xa teñen o concurso de chistes, o de corais, o do vai de baile, xa tiveran un de gaita (no que, as dúas veces que o mirei, as gaitas non eran galegas), o de canteira de cantareiros..., acabarán organizando un concurso de tortillas?
Comentario por (04-08-2009 10:22)
4 Mirade que é triste que chamen "comparsa" ao grupo #blgtk08#de acompañamento.... Iso é dignificar algo do noso?
Comentario por (04-08-2009 17:28)
5 O que teñen que facer é eliminar o botarate de TOPO como director da comparsa "grupo de acompañamento". É un estafador. NON PAGA ÓS MÚSICOS. Utiliza os saldos pendentes do programa LUAR para utilizalo como crédito persoal e de paso coaccionar os músicos para que fagan actuacións ca súa empresa #blgtk08#de animación RIBEIRA-ART ca esperanda de cobrar as débedas pendentes. UNHA VERGONZA. UN DÍA VAI A HABER UNHA CHAMADA EN DIRECTO O PROGRAMA E DIRECCIÓN&PRODUCCIÓN VAN A QUEDAR FATAL DIANTE DE MILES DE GALEGOS POR CULPA DE ESTE PERSONAXE CIRCENSE EN DECLIVE(co máximo respeto a xente do Circo)...
Comentario por Topero retirado (05-08-2009 18:52)
6 a verdade é que o do xurado é un cachondeo. Quen asenta cátedra?? se escapaban da "estilización" critica#blgtk08#ndo ao ballet clásico e outros inventos como o ballet Rey de Viana.... ¿que estilo é o que se xudga???
Comentario por danzante (10-08-2009 14:54)
7 O que non é normal, e aquí é onde o concurso, para min, xa foi o apaga e vámonos, é que se presenten ao concurso parellas de baile que son alumnos dun ou dous (Olga e Pablo, e nalgunha ocasión os dous á vez)membros do xurado.

Eu podo comprender a quen critica o concurso de Xacarandaina polo feito de que participen as escolas #blgtk08#da dita asociación cultural. Pero, o que é evidente, é que non forman o xurado dese concurso os mestres das escolas que se presentan ao mesmo, ou membro s de Xaca.

Onde están os que critican ese concurso celebrado na Coruña? Acaso non é isto máis grave?

Curioso que chegaran dúas parellas de Donaire ás finais.
Comentario por (10-08-2009 16:34)
8 comentario 7, tes toda a razon do mundo
e o peor e que no concurso de xaca non se galan cartos os rapaces e aqui si, pero bueno sempre se critican as mesmas c#blgtk08#ousas e as mais claras non se din
e bueno o do xurado era moito, parellas que empatan mais ducha vez cando hay unha claramente superior pois e un pouco penoso
Comentario por (12-08-2009 23:00)
9 O que tiña que haber no 'Vai de Baile' é un xurado decente, porque ainda que recoñezo que algúns saben do que falan, outros NIN P. IDEA. Xa non me poño a criticar como baila cada un individualmente (que con algúns tamén se podería) xa #blgtk08#vou simplemente á calidade dos grupos que dirixiu ou dirixe cada un deles, mirándoos podemos facernos unha idea de quen sabe e quen non. E os que non, que os hai, que queden mellor na casa, que 'entendidos' das unha patada e salen 500.
Comentario por (25-08-2009 22:05)
10 Eu, do xuri habitual, salvo a Montse e a Carlos Xosé.

Non me gusta nada a forma de bailar (e menos a postura corporal) dos membros do xurado citados#blgtk08# por #7...

Igual que eles actúan como Risto de O.T., coa mesma deberían os concursantes poder dicir o que opinan daqueles que xulgan o que eles fan
Comentario por (26-08-2009 12:46)
11 acábase o vai de baile rapaces!!! ao parecer xa non ten cabida#blgtk08# un rincón para o baile tradicional nun programa de variedades
Comentario por risto (15-09-2009 00:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer