Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A loita da Escola de Artes e Oficios (Vigo)
Profesores e alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo remitiron á Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura máis de 24.000 firmas de vigueses contrarios ao traslado desta escola para situar no seu lugar a sede da nova biblioteca do Estado.

O representante dos profesores, Eduardo Álvarez, e dos alumnos, Anxo Barreiro, explicaron que remitiran ao Ministerio un acta notarial que da fe das firmas recollidas, así como diversa documentación na que se explica o rexeitamento ao traslado da Escola.

Entre os documentos enviados aos afectados remitiron o legado de Xosé García Barbón, que doou o edifico á cidade, coa condición de que se usara para “a educación dos obreiros e as mulleres”. A este respecto Barreiro recordou que, se non se cumpre este requisito, o edificio pode reverter nos herdeiros deste benefactor, que xa hai anos tentaron recuperar o inmoble situado en pleno centro da cidade.

O portavoz do profesorado, Eduardo Álvarez, lamentou a decisión “unilateral” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de ofertar esa sede ao Ministerio de Cultura para albergar a biblioteca do Estado, cando o propio padroado da Escola se opón e cando o Concello “ten cartos para construír un edificio novo para a biblioteca”. Álvarez recordou que a biblioteca é unha dotación moi necesaria á que a Escola de Artes e Oficios non se opón pero que a comunidade educativa da mesma se nega a perder o seu propio patrimonio.

Profesores e alumnos recordaron que a Escola de Artes e Oficios ten a súa propia biblioteca declarada de interese para Galiza, e que alberga, entre outros documentos históricos, o himno de Vigo, do mestre Soutullo.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2009 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer