Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Os John Deeres
Os John Deeres é un conxunto musical da Estrada de corte rock clásico

Reices é un dos seis compoñentes do grupo estradense de música Os John Deeres. Xunto a el traballan Xermán, Tino, Marcos, Mustaf e Catuxa. O teclado, a batería, a guitarra e a voz son as armas que emprega este grupo galego para engaiolar o público a través de temas de corte rock clásico con pinceladas de psicodelia y hard rock. Este conxunto xove, cuns intregrantes que teñen entre 21 e 24 anos, está comezando a despuntar no panorama musical tocando o pasado vernes no Festigal de Santiago de Compostela, “unha plataforma única para darse a coñecer”.

–Por que motivo escollistes o nome Os John Deeres como a denominación do voso grupo?

–É o noso símbolo galego en EEUU. Os John Deeres é un nome homenaxe o símbolo máis americano do rural galego. Escollimos este nome porque nun principio nos fixo gracia e tamén nos parecía un nome con moito gancho e por iso o puxemos.

––A maioría de vós, salvo a cantante, pertenciades o grupo Diskordia. Que hai de diferente neste novo conxunto?

–Os John Deeres é unha refundación posto que menos Catuxa todos estabamos en Diskordia. Pero son dous grupos con estilos moi diferentes, o anterior era máis tranquilo, máis pop e agora facemos un rollo anos 70 vinculado ao rock clásico.

–Que vos levou a abandonar Diskordia e a crear un novo grupo cun estilo tan diferente?

–Pois decidimos refundar o grupo fai un ano e pico porque a cantante que tiñamos en Diskordia marchou e estivemos pensando en deixalo. Despois chegou Catuxa e foi un dos motivos polos que decidimos cambiar de estilo e crear un novo conxunto musical.

–Cales son as influencias musicais que tendes no voso repertorio?

–As nosas influencias son moi variadas porque cada un de nós escoita a música que lle gusta pero principalmente é o rock clásico. Os influencias collémolas de Jimmy Hendrix, Led Zeppelin, AC/DC… os grandes artistas no mundo do rock.

–-Que nos podemos atopar entón nos seus discos?

–O noso repertorio está composto por cancións dos clásicos do rock e tamén algunhas cancións nosas. Compuxemos dous temas, “Obsesión” e “Que o demo me leve”. Agora estamos nun concurso que se chama Apologit onde temos una das nosas cancións, “Obsesión”, e pode entrar a votar todo o mundo.

–É difícil facerse un oco no mundo musical? E máis complicado en Galicia?

–Nós non pretendemos facernos un oco na música. Se o conseguimos mellor pero a nosa intención non é ser profesionais, simplemente nos gusta tocar en directo, gústanos facer música e que a xente disfrute co que facemos. Dános igual tocar no Festigal como nun bar porque o que realmente nos gusta é facer música. En canto á situación en Galicia, nós cantamos en galego porque si e nos abriu moitas portas, é máis tiñamos varios concertos en Madrid e en Barcelona pero non puidemos ir.

–-Que supuxo para o grupo tocar no Festigal de Santiago de Compostela?

–Para nós o Festigal supuxo primeiramente unha plataforma para darnos a coñecer e tamén nos dá moitos ánimos. Facelo no Día da Patria tamén nos fixo moita ilusión e ademáis son os últimos concertos que facemos coa nosa cantante.

–-Por que a vosa cantante abandon a Os John Deeres?

–Pois Catuxa vai marchar en outubro a estudar a Asturias. Agora estamos buscando nova cantante para o grupo e cando a teñamos empezaremos a facer o disco pero non temos presa xa que o disco farémolo cando teñamos algo que contar, non imos facelo con presións.

–Os grupos galegos dispoñen de propostas culturais para darse a coñecer?

–Ata o de agora os grupos galegos tiñamos moitas plataformas para que a xente nos coñecera. Esas plataformas estánse a eliminar. É sangrante, por exemplo, o caso do programa de radio “Aberto por reformas” no que cambiaron o presentador e só se fala de rock inglés e iso non pode ser porque a radio pública debe servir e defender a nosa cultura e non soamente o folk xa que en Galicia hai máis cousas que o folk.

www.farodevigo.es

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 MARCOS ë RAICES
Non esquezades que os ensallos de gaita son os martes... ..#blgtk08#. je je
Moi bien,moi bien,saudos a todo ó grupo, "justame o que fasedes"
Comentario por ANXO VICE (02-08-2009 22:20)
2 MARCOS ë RAICES
Non esquezades que os ensallos de gaita son os martes... ..#blgtk08#. je je
Moi bien,moi bien,saudos a todo ó grupo, "justame o que fasedes"
Comentario por ANXO VICE (02-08-2009 22:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer