Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Efectos na cultura do cambio na xunta
Pero tampouco lles gusta a música?
A Radio Galega pecha o único programa de grupos propios que se podía oír na comunidade: 'Aberto por reformas'

O multirradiado e comercial Bruce Springsteen borrou da grella da Radio Galega a Som do Galpom, Machina, Kogito e todos aqueles grupos que están a protagonizar a eclosión de música emerxente que vive o país. O músico norteamericano foi a bandeira que ondeou simbolicamente o pasado 2 de xuño para deixar ben ás claras o cambio de rumbo de Aberto por Reformas.


A mensaxe foi contundente e directa: música comercial de fóra para os novos tempos. Xusto López Carril, o novo locutor do espazo, encargouse de presentalo como un ?programa musical de transición? argallado ao redor dunha ?aproximación subxectiva á música? que ?probabelmente vostedes non compartan?.

A filosofía que a nova directiva da Radio Galega lle imprimiu a un programa tan emblemático e de referencia para a música feita en Galiza como Aberto por reformas fixo saltar todas as alarmas dentro do sector da música e avivou a incerteza que o eido da cultura atravesa dende o cambio de goberno. Músicos, discográficas, salas, revistas especializadas, asociacións profesionais, tendas de disco e centros sociais xa se sumaron ao Manifesto básico pola defensa da RTVG elaborado tras coñecerse a decisión do ente público ?contra a censura e a marxinación da música galega?. Está aloxado na páxina web komunikando.net dende o pasado luns e en dúas semanas superou as 2.000 sinaturas.


É unha das iniciativas coas que o sector está a manifestar a súa preocupación pola decisión de desposuír de identidade o programa, unha medida ?política? que temen sexa só a punta do iceberg dunha liña de actuación encamiñada a arredar o galego e a música feita en Galiza dos espazos públicos, tanto na CRTVG como das programacións que dependen directamente da Xunta.

Noel Feáns, responsábel do netable A regueifa, un dos principais catalizadores da música emerxente na rede nestes momentos, cualifica de ?ilegal? a nova liña iniciada na radio pública, por ir ?en contra da propia lei de CRTVG?, que no seu artigo 16 recolle que a programación debe estar orientada á promoción da cultura e da lingua galega.

?Agora mesmo a radio está orfa de propostas?, sinala. ?Topámonos ante un PP revolucionario no que á orde legal se refire. As leis que non lles gustan pretenden cambialas e as que non poden mudar, porque necesitan de consenso ou son demasiado complexas, simplemente as incumpren?. Feáns cualifica de ?perverso? que se manteña a sintonía e o nome do programa e enmarca a medida dentro da ?amabilidade deste novo feixismo?, que ?quere dar a imaxe de continuidade pero que cambia radicalmente a esencia?.

O programa dirixido por Xurxo Souto abriu hai tres anos, e por vez primeira na radio pública, unha fiestra diaria, de luns a venres, á música emerxente do país con independencia do xénero. Durante este tempo, polos micrófonos do programa pasaron centos de bandas noveis para presentar discos e proxectos, e se lle concedeu protagonismo tamén a discográficas, asociacións profesionais, salas ao vivo, estudios de gravación e outros axentes que estaban a marcar a actualidade da escena emerxente.

Músicos e asociacións profesionais coinciden en destacar que o problema de fondo non radica na destitución de Xurxo Souto nin na supresión dun programa concreto da grella, por ter a dirección da radio competencias para artellar a súa propia programación, senón a redución de horas dedicadas á música galega.

Para Gonzalo Grela, músico de Machina esta ?decisión política? non só lle vai afectar aos intérpretes, ?tamén vai ter consecuencias nas organizacións profesionais e nas salas?. ?É unha mágoa,? comenta ?algúns debían de pensar que o programa era unha canteira de nacionalistas galegos abertzales, cando, o que realmente conseguiu foi achegar a radio ao público e dar a coñecer moitas bandas?.

En opinión de Noel Feáns, pola contra, ?para a música galega vai ser un mudanza pequena porque nos últimos anos colleu unha forza e unha vida propia que non necesitan de ningunha plataforma para sobrevivir?. ?Unha cousa é que nos quiten un medio de expresión máis e outra que consigan acabar cos grupos. Hoxe en día temos internet, que a fin de contas é a vía principal de difusión?.

Os músicos reúnense na Asemblea Aberta

Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse ?contra a censura e a marxinación da música galega?.

A súa principal reivindicación é conseguir que ?a sociedade teña un espazo na radio pública no que escoitar a música que se fai no país?. No seu primeiro encontro, a Asemblea Aberta acordou traballar nun plan de accións reivindicativo, no que se está a barallar a recollida de firmas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular e abrir novas vías de expresión a través da internet.

Pola súa banda, os interlocutores da Radio Galega comunicáronlle a A Nosa Terra que tanto o futuro de Aberto por reformas como a programación en xeral ?está en estudo? e que a nova dirección ?non ten unha decisión tomada? ao respecto da política que se vai seguir no referido á música galega.

Crear público, materia pendente en Galiza

Unha das grandes materias pendentes da música en galego, segundo apunta Brais de Esteban, membro de Som do Galpom, é facer público. Existen dúas formas neste sentido: ?tocar ao vivo e ter espazo na radio pública?. Neste último senso, o papel de Aberto por reformas, ao seu ver, foi ?clave?.

?As estadísticas demostran que en Galiza hai máis grupos que no resto das comunidades, por diante mesmo de Cataluña?, comenta Brais de Esteban. No terreo da escena emerxente, só en Nsaio, o programa, agora tamén en suspenso, promovido pola anterior Consellaría de Benestar a través de Xuventude que tiña entre as súas principais finalidades habilitar locais de ensaio, están adscritos máis de 360 grupos noveis. ?Debemos ser ambiciosos e pensar en exportar porque a música aquí cumpre condicións para ser primeira industria?.

Dende o colectivo hip hop Dios ke te crew cualifican o papel do programa como ?unha dose de autoestima, de coñecemento, de dinamización, de difusión e tamén de liberdade sen censuras?. Como radio pública que é ?a Radio Galega non debe excluír a diversidade cultural deste país na programación diaria?.

A Asociación Galega de Fonografistas, AGAFONO, a través de Fasero, responsábel de Zouma Records, mostrou tamén a súa preocupación por que ?se lle quiten espazos a música galega, que sempre tivo moi pouco protagonismo, incluso na última lexislatura? pero mantense á espera de reunirse coa xunta directiva da Radio Galega para poder tomar medidas nun sentido ou noutro.l

Máis de 2.000 sinaturas en quince días
A reacción ao cambio de rumbo de Aberto por reformas non se fixo agardar entre os músicos. Uns días despois de que Xusto López Carril encetase unha nova xeira do programa colgouse en internet (en komunikando.net), un manifesto redactado polos propios músicos baixo o lema ?contra a censura e a marxinación da música galega?.

Apelando ao cumprimento do artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG, e diante da eliminación do que consideran ?un programa plural, aberto á cidadanía?, ?cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua?, referente ademais de ?modernidade? e ?motor de normalidade lingüística cotiá? o manifesto entende que esta medida ?supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galicia están a realizar contra a lingua e a cultura?.

Denuncia ademais esta ?agresión contra un dos vehículos de comunicación do movemento de Rexurdimento Musical que as novas xeracións estamos a protagonizar? e esixe que se ?restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral?.

Como explica Bocixa, un dos asinantes do manifesto, ?nestes catro anos conseguise o logro de que a música galega se tivese en conta, algo que nunca antes pasara?. Na actual programación ?aínda restan algúns pequenos espazos nos que se lle dá cabida a música galega, entre eles os presentados por Belén Regueira e Vituco (Ruxe Ruxe), pero non nos conformamos con iso. Non queremos perder esa hora diaria de música galega?.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0