Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Loito na música galega

Onte todos os que amamos a música galega recibimos un durísimo golpe, a nova dirección da Radio Galega tomou a súa primeira decisión sobre a programación da canle e, "curiosamente", o primeiro programa eliminado foi Aberto por Reformas, presentado por Xurxo Souto.

Aberto por reformas foi un soplo de ar fresco nun mundo como o da radio onde non existía un programa adicado aos grupos galegos, e especialmente aos grupos que cantaban en galego. Por fin a emisora pública galega facía algo polos novos grupos que estaban a agromar por todo o país e que tiñan como nexo que cantaban en galego, tiñan a súa saída ao mundo, e coincidiu co estoupido de grupos galegos en todos os estilos, Pop, Electrónica, Funk, Jazz, Ská,... aparte de empurrar o concurso Apologhit, o de comparsas do entroido, xunto con todas as novas, debates, presentacións de discos, entrevistas,... arredor da música galega.

Catro anos despois o novo equipo colocado polo Partido Popular toma como primeira decisión eliminar o programa, non só cesando a Xurxo Souto senón trocando completamente o espíritu do programa transformandoo nun magazine de música española e estranxeira.

As veces os xestos son elocuentes e este é un destes casos... o único programa de radio adicado aos grupos galegos desaparece...

Seica non só a poesía é un arma cargada de futuro, a música en galego tamén, e iso podía ser perigoso e un referente para as novas xeracións... o mellor neste caso, cargarse esa semente de cultura galega.

Castelao deixou dito, nun dos seus debuxos sobre a represión na guerra civil, unha frase que nos anos 70 encheu os muros galegos en referencia ao asesinato de Moncho Reboiras; hoxe esa frase volve ter o seu aquel lembrala na nosa Terra:

NON ENTERRAN CADAVRES, ENTERRAN SEMENTE!!!


Dende malmequer unha aperta ben grande para Xurxo Souto e un agradecemento por todo o que fixo pola música galega.

GRAZAS POR TODO XURXO!!!!

Comentarios (28) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2009 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
28 Comentario(s)
1 E a censura chega de novo no século XXI na man de (redobre de tambores)... o PP!
#blgtk08#/> A min non me soa a nada novo.
Mexan por'riba de nós e dicimos que chove.
Comentario por Nuria (04-06-2009 01:15)
2 propoño que tod@s lles enviemos correos de protesta ao email do programa: a#blgtk08#bertoporreformas(arroba)crtvg.es
eu xa o fixen e quedei ben a gusto!
Comentario por amable (04-06-2009 09:40)
3 Eu mandarei copia de protesta tamén ao correo da TVG:
info(ar#blgtk08#roba)crtvg.es

Comezou a caza de bruxas

Comentario por Xan Lois (04-06-2009 10:07)
4 Para os que estades no facebook.

#blgtk08#_blank class=tEnlac>http://www.facebook.com/pages/Xurxo-Souto/84759563281

Xurxo Souto non está só.
Comentario por Henrique (04-06-2009 10:23)
5 Para os que estades no facebook.

http://www.facebook.com#blgtk08#/pages/Xurxo-Souto/84759563281

Xurxo Souto non está só.
Comentario por Henrique (04-06-2009 10:29)
6 O peor é que isto non acaba aquí, seguramente o s#blgtk08#eguinte programa en quitar será Lume na Palleira
Comentario por (04-06-2009 10:33)
7 Non ten xeito!! Que será o seguinte?? Lume na Palleira?? Emilio pon as barbas a remollo!! Como non hai emisoras que poñan música en castelán e internacional, veña outra vaca no millo!!! Manda carallo menudo fu#blgtk08#turo negro nos agarda, a pregunta é... volverá o auxe polas bandas de gaitas ao estilo escocés de fraga ??? Quitarán tamén o Alalá??? Dame medo o que poda vir, sempre se soubo que as gaivotas son carroñeras!!!
Comentario por Vergoñento (04-06-2009 10:36)
8 Ai ben a santa inquisición a parte de lume na palleira, despois alalá, #blgtk08#a AGG etc, chegharon os ghuapos, que non morra o malmequer e os seráns.
Comentario por O novo (04-06-2009 10:36)
9 Coidadooooooooooooo rapaces van censurar a#blgtk08# páxina como lean istooooooooo!!!!!!!!!!!!
Comentario por (04-06-2009 10:42)
10 Vergoñento: Non miraches na toma da poltrona do feijoo que xa están de novo os do tricorni#blgtk08#o, e o TREPA do foxo, xa sacará da cachola novas cancións para facerlle a pelota a alguén.
Comentario por O novo (04-06-2009 10:46)
11 Ai ben a santa inquisición a parte de lume na palleira, despois alalá, #blgtk08#a AGG etc, chegharon os ghuapos, que non morra o malmequer e os seráns.
Comentario por O novo (04-06-2009 10:47)
12 As bandas de gaitas o estilo escoces? Ja. Xas meteron e nos sin darnos conta. En máis dun acto pseudopolítico en europa, xa anda a real banda de gaitas de Ourense facendo a súas "actuacións"e por suposto pagado todo cos nos#blgtk08#os cartos.

En canto Xurxo, ánimo porque o que ficheches estivo moi ben, hai que sacarse o sombreiro. Agora temos a Xusto Lópes Carril, pepero de pro e presidente do clube nautico de Muxía. o que nos queda...
Comentario por (04-06-2009 10:52)
13 A cultura e a lingua non deberían ter cor, pero os que acaban de chegar (pouco respiro tivemos) senten vergoña do que son, séntense inferiores. Iso si que é vergoñento, non querer saber quen es, querer ser outro (mellor ser de provincias de Castilla, pob#blgtk08#re presidente que tivo que estudar en León, que aquí non dabamos o nivel), non ter identidade. Xurxo fíxonos a todos ter paixón polo noso, sempre loitou contra corrente, e agora debémoslle moito apoio e gratitude. E sempre sempre valorou a música do país.
Comentario por ok (04-06-2009 11:05)
14 non o entendo o unico programa ke loitaba e programaba musica feita e producida na nosa terra e xa o chimpan!!!!! e fin agora tiraran a merda tamen lume na palleira¿?¿?digo eu fara#blgtk08#n un espazo de operacion triunfo¿?ou de euro vision¿? e o que nos agarda!!!!viva o novo presidente(sarcasmo) moita sorte xurxo.
Sempre estaremos o teu lado os teus seareiros
Comentario por (04-06-2009 12:04)
15 non o entendo o unico programa ke loitaba e programaba musica feita e producida na nosa terra e xa o chimpan!!!!! e fin agora tiraran a merda tamen lume na palleira¿?¿?digo eu fara#blgtk08#n un espazo de operacion triunfo¿?ou de euro vision¿? e o que nos agarda!!!!viva o novo presidente(sarcasmo) moita sorte xurxo.
Sempre estaremos o teu lado os teus seareiros
Comentario por (04-06-2009 12:05)
16 Unha aperta solidária de#blgtk08#sde Montealto, Xurxo...
Comentario por Davide (04-06-2009 13:40)
17 non o entento... simple#blgtk08#mente non o entendo...
Comentario por maria (04-06-2009 13:41)
18 enviade as vosas quei#blgtk08#xas a dir.rg@crtvg.es
Comentario por (04-06-2009 15:57)
19 ¡non e posible isto de verdade que foi o que quixo o pobo galego!
pois coidado, que non e´outra cousa o que nos espera#blgtk08# porque ainda que non o creamos a xuventude na sua meirande parte pensa como eles, e unha vergonza
POLITICA RASTRERA.
Comentario por (04-06-2009 16:49)
20 O de xurxo era visto xa que se metia muito co pp, eu xa #blgtk08#o dixera fai tempo.
saudos os nosos ghaiteiros..
Comentario por (04-06-2009 18:40)
21 Pois eu temía que a Xurxo si o chimparan porque xa se ve que non é do pau do PP, pero podían ter a decencia de manterlle o espírito ao programa, aínda que f#blgtk08#ora algo maquillado. Hoxe púxeno e vamos, música yanki oitenteira en plan provocación. Unha vergoña.
Súmome ao lema de Castelao: ENTERRAN SEMENTE!!
Comentario por Ghillerme. (04-06-2009 21:28)
22 Ese é o xeito polo que a actual Xunta vai fomentar a música galega? Como poden ter a vergoña de chegar e rematar cos únicos programas adicados á música galega?

Isto é inadmisible, vai máis alá da censura, porque vai contra a nosa propia cul#blgtk08#tura e iso non o podemos permitir.

Debe haber unha movilización por parte de tódolos músicos galegos, e non só tradicionais, todos en xeral, porque están eliminando toda a música galega.

De nós depende que isto non quede así
Comentario por (05-06-2009 00:32)
23 Se querían largar a Xurxo por ser un posto político vale, pero o programa non debe#blgtk08#ría de cambiar e a mín persoalmente encantabame tamén cando o facía Vituco Neira
Comentario por Noelia (05-06-2009 20:20)
24 ó ler a noticia dame un ramalazo de anguria. A cultura galega está por riba da cor política, así q os#blgtk08# q nos sentimos implicados, sigamos vivindo como galegos e q esto non decaia.¡agora menos q nunca!.
Comentario por toxiño (05-06-2009 21:06)
25 Adiante, Xurxo. Adiante, a nosa cultura. Adiante ou adiante, non hai outro camiño posíbel. Botarei moito en fa#blgtk08#lta que a radio galega estea aberta por reformas, e a tí, Xurxo. Agardo que sexa un breve paréntese. Adiante.
Comentario por (05-06-2009 21:32)
26 xa están aquí, xa volveron, os séculos escuros volven para rapta#blgtk08#-las ondas, mais non o conseghirán. arriba a contrainformación!!
Comentario por lourenzo (09-06-2009 12:37)
27 Se non asinastes o formulario para aderirvos ao manifesto básico pola defensa da RTVG, podédelo facer en:
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/component/option,com_wrapper/Itemid,66/
#blgtk08#
Non podemos deixarnos atarantar con esta mexuxe mesquiña de desarrazoamentos e ataques á capacidade das persoas de vivir libremente d acordo coa nosa cultura (un dereito fundamental, non si?).
Comentario por Gelis (13-06-2009 17:35)
28 Si señor. Están dándonos por todos lados e violando os nosos dereitos #blgtk08#e temos que ficar sen facer nada? Imos ben. Isto non acaba eiquí non.
Comentario por arteixo (16-06-2009 06:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer