Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Bases Concurso Música Tradicional |
|
XXII Concurso de Música Tradicional Cantigas e Agarimos.
Este é un concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos grupos que o desexen dentro das seguintes modalidades:
PANDEIRETEIRAS/OS
CATEGORÍAS:
Categoría A: nenos/as ata 10 anos inclusive. Categoría B: nenos/as de 11 a 13 anos.
Categoría C: nenos/as de 14 a 17 anos
Categoría D: nenos/as a partir de 18 en adiante.
BASES:
-A categoría determinaráse pola idade da maioria dos partipantes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos. No caso de que non haxa maioría e esté entre dúas categorías, este grupo pasará inmediatamente á superior.
-Ningunha persoa poderá formar parte de máis dun grupo da mesma modalidade.
-A organización reservase a posibilidade de suprimir algunha das categorías no caso de que non haxa suficientes grupos.
-Tódolos participantes deberán leva-lo traxe tradicional.
-Cada grupo terá un tempo límite de cinco minutos
-O xurado poderá descalificar a calquera grupo, asociación ou intérprete solista que non se ateña ás bases aquí expostas. . No caso de superar este limite queda a criterio do xurado aplica-la oportuna penalización. O xurado será nomeado por Cantigas e Agarimos, e o seu dictame será inapelable.
-A organización poderá esixir o DNI ou libro de familia no caso que, por requirimento do xurado ou dalgunha das agrupacións participantes, exista algunha dúbida na idade dalgúns dos concursantes. En caso de negarse a presentalo o xurado poderá descalificar ó grupo.
-No momento da calificación, o xurado terá en conta: a auntenticidade da peza, dificultade da mesma e afinación e interpretación.
PREMIOS:
Nas categorías A e B entregaranse:
- Un primeiro premio de 250 ? e trofeo.
- Un segundo premio de 150 ? e trofeo.
- Un terceiro premio ó que lle corresponderá un trofeo.
Nas categorías C e D entregaranse:
- Un primeiro premio de 300 ? e trofeo.
- Un segundo premio de 200 ? e trofeo.
- Un terceiro premio ó que lle corresponderá un trofeo.
CUARTETOS TRADICIONAIS
CATEGORÍAS:
Establécese unha única categoría, cun límite de idade de 23 anos
BASES:
-Os grupos constarán de: 2 gaitas, un tambor e bombo.
Poderán interpretar pezas tradicionais, recollidas ou de autor, sempre que sexan galegas. Non se admitirá ningún tipo de música ou interpretación foránea.
-Tódolos participantes deberán leva-lo traxe tradicional.
-O xurado valorará a afinación, interpretación e compenetración. Dito xurado será nomeado por Cantigas e Agarimos e o seu dictame será inapelable.
- Cada grupo terá un tempo límite de seis minutos.
-A organización poderá esixir o DNI ou libro de familia no caso que, por requirimento do xurado ou dalgunha das agrupacións participantes, exista algunha dúbida na idade dalgúns dos concursantes. En caso de negarse a presentalo o xurado poderá descalificar ó grupo. No caso de superar este límite queda a criterio do xurado aplica-la oportuna penalización. O xurado será nomeado por Cantigas e Agarimos, e o seu dictame será inapelable.
PREMIOS:
- Un primeiro premio de 250 ? e trofeo.
- Un segundo premio de 200 ? e trofeo.
- Un terceiro premio ó que lle corresponderá un trofeo.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición remata o mércores 10 de xuño de 2009.
O Concurso terá lugar o domingo 21 de xuño de 2009 no CSC de Vite, de Santiago de Compostela, en horario de mañá e tarde.
A orde de actuación e horarios serán enviados unha semana antes do concurso.
INSCRICIÓNS
-Por correo ordinario á dirección:
AGRUPACIÓN CANTIGAS E AGARIMOS
Rúa Algalia de arriba, 11-baixo
Teléfono 981581257
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA
A CORUÑA
-Por correo electrónico, cumplimentando a plantilla que vos será enviada. Se algún grupo non a recibe pode pedila na seguinte dirección:
afcantigas_concurso2009@hotmail.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|