Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Bases de Baile Tradicional |
|
XXII Concurso de Baile Tradicional Cantigas e Agarimos Este é un concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos grupos que o desexen.
BAILE TRADICIONAL
CATEGORÍAS
Categoría A: nenos/as ata os 9 anos inclusive. Categoría B: nenos/as de 10 a 13 anos.
Categoría C: nenos/as de 14 a 17 anos.
Categoría D: nenos/as de 18 anos en diante.
BASES
- A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes.
-O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile requiran outro tipo de formación.
-O grupo de acompañamento debe situarse no escenario de xeito que sexa visible para os membros do xurado.
-Tódolos participantes deberán leva-lo traxe tradicional (incluídos os grupos de acompañamento).
- A organización reservase a posibilidade de suprimir algunha das categorías no caso de que non haxa suficientes grupos.
-Cada grupo disporá dun tempo máximo de cinco minutos. No caso de superar este limite queda a criterio do xurado aplica-la oportuna penalización. O xurado será nomeado por Cantigas e Agarimos, e o seu dictame será inapelable.
-O xurado poderá descalificar a calquera grupo ou asociación que non se ateña ás bases aquí expostas.
-A organización poderá esixir o DNI ou libro de familia no caso que, por requirimento do xurado ou dalgunha das agrupacións participantes, exista algunha dúbida na idade dalgúns dos concursantes.
-En caso de negarse a presentalo o xurado poderá descalificar ó grupo.
Os grupos da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos non participarán no Concurso.
PREMIOS
Nas categorías A e B entregaranse:
- Un primeiro premio de 250 ? e trofeo.
- Un segundo premio de 150 ? e trofeo.
- Un terceiro premio ó que lle corresponderá un trofeo.
Nas categorías C e D entregaranse:
- Un primeiro premio de 300 ? e trofeo.
- Un segundo premio de 200 ? e trofeo.
- Un terceiro premio ó que lle corresponderá un trofeo.
Para a concesión destes galardóns, o xurado terá en conta: a autenticidade do baile, a súa interpretación e dificultade. Tamén se avaliará ó grupo de acompañamento.
PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición remata o mércores 3 de xuño de 2009.
O Concurso terá lugar o domingo 14 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, en horario de mañá e tarde.
A orde de actuación e horarios serán enviados unha semana antes do concurso.
INSCRICIÓNS
-Por correo ordinario á dirección:
AGRUPACIÓN CANTIGAS E AGARIMOS
Rúa Algalia de arriba, 11-baixo
Teléfono 981581257
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA
A CORUÑA
-Por correo electrónico, cumplimentando a plantilla que vos será enviada. Se algún grupo non a recibe pode pedila na seguinte dirección:
afcantigas_concurso2009@hotmail.com
AGRUPACIÓN CANTIGAS E AGARIMOS
Rúa Algalia de Arriba, 11
15704 ? Santiago de Compostela
A Coruña |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|