 Hoxe, martes, día 05/05/2009
O gaiteiro que presenta o "Alalá" desta noite, José María Lagares, naceu en Santaia de Moar, en Frades, pero nos anos 50 tivo que emigrar para Brasil e chegou a São Paulo onde traballou como cobrador do tranvía e camareiro; a base de esforzo e axuda da familia, abriu un restaurante que pronto gañaría sona en São Paulo, porque Zé Lagares acompañaba os pratos e as comidas con muiñeiras e xotas que aprendeu en Ordes. Así foi gañando a vida e criando os dous fillos que tivo, xunto a unha terceira filla adoptiva de orixe brasileira.
O irmán de "Zé Lagares" chamábase Ricardo. Se "Zé" era o gaiteiro da familia, Ricardo foi o birindeiro. Ao ver os vídeos que mostran das xuntanzas que facían na casa cando "Zé" ía pasar as vacacións a Galicia dan ganas de sentar con eles. Ricardo foi quen compuxo a canción de "Manuel do Campo", un orgullo para toda a familia Lagares porque dende que a inventou Ricardo cántase por todo Galicia e, ao parecer, tamén por Brasil |