Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
XX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Constará de 2 modalidades:
­ Pandereteiras/os
­ Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.


3. Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
­ Categoría A: ata 9 anos inclusive.
­ Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
­ Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría D: dende 18 anos en adiante.

Na modalidade de cuartetos, haberá 3 categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría C: maiores de 18 anos.

A categoría determinarase pola media das idades dos componentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. No momento da calificación, o xurado terá en conta:
­ Autenticidade da peza
­ Dificultade da mesma.
­ Afinación e interpretación.

O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERASE.

6. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

7. Os premios serán os seguintes, na modalidade de pandereteiras e cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo


8. O concurso terá lugar o domingo 10 de Maio no Teatro do Colexo Calvo Sotelo de A Coruña, pola mañá para as categorías A e B coa súa entrega de premios correspondente, e pola tarde para as categorías C e D, coa súa entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

9. O prazo de inscripción rematará o día 30 de Abril debendo enviar debidamente cumprimentada a folla adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AÓ LOCAL SOCIAL: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía, 3 soto 1, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRIPCIÓNS.

10. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRIPCIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Telf: 981 277 315



Comentarios (35) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-05-2009 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
35 Comentario(s)
1 Con eses premios non sei a #blgtk08#onde pretendedes chegar...
Comentario por (22-04-2009 11:14)
2 Quizá dos concursos que hai en Galiza o de Xacarandaina é o que máis desenvolsa.Xa que reparten no concurso de musica arredor de 2.800 euros(4 categorias de pandere#blgtk08#teiras e 3 de cuartetos)ademais de facer o concurso de baile(4 categorias por idade) no que reparten arredor doutros 2.400 euros.Total = mais de 5000 euros.
Comentario por (23-04-2009 16:00)
3 ¿Non é mellor repartir menos cartos e facer un concurso e non deixar de facelo por non ter#blgtk08# cartos para dar premios de máis importe?

Cada un reparte o que pode......
Comentario por (24-04-2009 13:41)
4 Si pero presentan a tódalas escolas de Xacarandaina e se queda na casa#blgtk08# mellor, non?os premios en xeral de tódolos concursos son moi cutres.
Comentario por (24-04-2009 14:57)
5 Flipo!
A xente a que vai ós concursos? A pola pasta ou a pol#blgtk08#o recoñecemento do traballo ben feito?
A onde imos parar...
Comentario por Nuria (25-04-2009 12:10)
6 se a xente so vai os concursos #blgtk08#polos cartos apaga e vamonos...
Comentario por (26-04-2009 18:51)
7 entendin ben? Xacarandaina presenta os seus grupos a#blgtk08#o concurso organizado por eles? que mal efecto, non?
Comentario por novonesto (27-04-2009 00:16)
8 O ano pasado eu fun membro do xurado de baile no concurso de Xacarandaina.
#blgtk08#>
Os grupos de Xacarandaina foron como exhibición, nada máis.
Comentario por (27-04-2009 10:25)
9 no concurso de pandereteiras organizado por Xacarandaina, ésta sempr#blgtk08#e presenta grupos todos os anos... iso non debería estar permitido.
Comentario por (27-04-2009 10:57)
10 Non e cuestión de premitir ou non permitir, se un participa acepta as bases e as normas. En Xacarandaina en baile van de exhibición e de pandeireta estes últimso anos foron dous grupos e nunca gañaron premios, polo tanto ¿Que é o que dicides?
O tema dos cartos e algo que me da a risa, unha pregunta: ¿As asociacións, grupos, escolas, etc... teñen tantos cartos como para financiar o 100% dos cartos en metálico, trofeos e demáis gastos dun cocnurso? Por moito que teñan axudas, sei de boa tinta que non lles chegan para financiar nin un 20% do to#blgtk08#tal. ¿Estamos falando de empresas solventes ou grupos que o único que intentan é promover o folclore cos poucos cartos que teñen?

Un ten que ir a participar, disfrutar e facer valer o seu saber e o esforzo de todo o ano, ben sei que é un concurso, pero desgraciadamente poucas veces e pode un subir a un esceario sen ser nun concurso, temos que aproveitar os concursos para exhibir o nosos saber e non competir desta forma que non leva a ningún sitio.

Sempre estamos co mesmo, tódolos anos coa mesma historia, esto xa cansa.
Comentario por (27-04-2009 12:24)
11 estou completamente dacordo co comentario nº 10: os concursos son unha das mellores maneiras de demostrar o que vale un grupo, de amosar o traballo de moitas horas de ensaio e de disfrutar o que un fai... o#blgtk08#s cartos son algo secundario. se veñen, mellor que mellor. mais o autentico valor de acadar un premio nun concurso non é o aspecto material, senon o que o premio en si significa: unha reconpensa ao esforzo.
Comentario por refaixo (27-04-2009 21:48)
12 Para o comentario nº 8... en pandeiret#blgtk08#a presentan ás escolas para concursar
Comentario por (29-04-2009 21:37)
13 Para o comentário nº 12...
#blgtk08#
Eu falei de baile, non?
Comentario por (30-04-2009 12:22)
14 Eu iria a este concurso, inda que namais fose para bailar no pedazo escenario que teñen, un dos mellores nos que eu bailei...
ademais, a xente protesta porque #blgtk08#en xaca se dan poucos cartos, pero o outro dia no concurso de bandeira daban uns premiazos e presentaronse cinco grupos raspados eu cada dia entendo menos...
Comentario por fargallo (02-05-2009 12:09)
15 Para o comentario nº14. Meu fargallo, non sei que es pero tes toda a razón, aki o caso é protestar si ou si. Temos poucos concursos é ó que nos adicamos é a cuestionalos, eu creo que como a cousa siga así van desaparecer todos. Porque como#blgtk08# se dixo noutro comentario, os concursos non dan beneficios ningúns senón gastos, rompedeiros de cabeza e traballo, moito traballo.
Penso que todos deberíamos reflexionar un pouco e deixar de protestar porque SÍ.
Aí queda iso
Comentario por (05-05-2009 22:26)
16 falar por falar está ben pero a xente que protesta podería porlle un nome ó seu comentario e en #blgtk08#vez de adicarse a protestar, facer algo polo ben do nosa cultura, que ó fin e ó cabo é de todos
Comentario por Miriam (05-05-2009 22:28)
17 Todo aquel que se presenta ó concurso acepta as bases, se non as acepta xa non se presenta non?
No tema dos cartos non teño palabras. Penso que cando vamos a un concurso no#blgtk08#n deberiamos pensar nos cartos que podemos gañar, teriamos que pensar en presentar todo o traballo dos ensaios e en saír o domingo da casa cos nosos compañeiros a desfrutar, non?
Comentario por Iria (06-05-2009 17:28)
18 a xente fala por falar moitas veces

o xurado dos concursos de xaca,que e o concurso do que se esta a falar, primeiro,non pode ter ningun grupo participando,e dicir, non pode dar clase a ningun grupo participante
ademais de que o xurado esta composto por 3 persoas das cales duas sempre son de fora de xaca e a terceira pode ser de xaca ou non,depende do ano

outra cousa,os grupos de xaca penso eu que teñen o mesmo dereito a participar,porque son rapaces/as que se esforzan nos ensaios para despois poder demostrar o seu traballo e se teñen a sorte de levar premio sera porque o fixeron mellor que outros grupos#blgtk08# />
o que pasa aqui e que a xente debe pretender que so se presenten tres grupos para ter premio asegurado non??e que senon que mais dara quen se presente o importante e sair ao escenario e pasalo ben,esa e a diferencia entre os grupos premiados e os non premiados

eu teño participado moitos anos no concurso de xaca e o ano que menos traballamos,saimos ao escenario montamos una festa tremenda pasamolo en grande bailando e despois gañamos o segundo premio,outros anos a actuacion foi mais correcta pero non gañamos nada,con isto quero dicir que o importante e ir concursar e pasalo ben non pensar nos premios

Comentario por (06-05-2009 18:13)
19 O ano pasado, o xurado do concurso de baile estivo#blgtk08# composto por 3 persoas alleas por completo a Xaca
Comentario por (06-05-2009 18:57)
20 Levo bastantes anos metido no mundo do folclore galego, tantos tantos como dende o ano 1987, e dende que entro neste blogue e vexo certas estupideces, cáeme a ialma os pés e penso "a onde fomos parar!"

Non sei os anos que tendes os que comentades aquí e non sei se lembrades o nivel que tiñan os grupos de Xacarandaina a mediados dos 90. ¡Non había quén lles cuspira! Daba gusto mirar pra eles, e calquera persoa dos outros grupos que concursaban tiña a suficiente PERSONALIDADE e DECENCIA como pra recoñecer o bo bailar dos rapaces. No ano 1997, no Concurso de Padrón, dous grupos de Xacarandaina levaron o 1º e o 3º premio da Categoría A, e lembro a unha rapaza doutro grupo (non podo especificar de cal posto que a memoria vai fallando) dicíndolle á nai: "mamá, a ésta xente non hai quén lles gañe porque bailan moi ben".

E agora, 12 anos despois daquel detalle#blgtk08#, vexo que se perdío ese espíritu. O verdadeiro espítiru do folclore, que non é outro que amosar a CULTURA dun pobo.
Entro neste blogue e vexo xente queixarse de si uns deben ou non deben participar, que si os premios son poucos ou moitos... ¿pero a onde pretendemos chegar asi?

Eu creo na CAPACIDADE e na OBXECTIVIDADE dos xurados dos Concursos, sexan de Xacarandaina, de Cantigas e Agarimos, de Fiadeiro ou de calqueira das outras moitas asociacións que existen hoxe por hoxe e que organizan algún concurso, e penso que dubidar deles non fai máis que encher de merda o folclore, e que dentro duns anos NIN DIOS queira ser xurado de nada.

Penso que todos deberíamos reflexionar antes de poñernos diante dun teclado e soltar verbas sin pensar, xa que non nos estamos xogando 1 €, senón que estamos falando de CULTURA, e eso está por enriba de todo.
Comentario por Rueiro (07-05-2009 00:19)
21 eu levo uns anos tamen vinculado a esto do floclore e lembro que non hai moito nun dos ultimos concursos que houbo en santiago tres grupos de xacarandaina levaron os tres premios dentro da mesma categoria e #blgtk08#iso sera por algo non??

eu vexo perfectamente que concursen os grupos que queiran sexan de xaca ou do congo belga, se gañan sera porque o merecen non porque sexan da asociacion que o organiza
Comentario por (07-05-2009 08:54)
22 A min parece-me estupendo que concursen os grupos das escolas de Xacarandaina no seu próprio concurso.

Ne pertenzo nen pertencin nunca a esta asociación xuvenil.

Fun xurado no concurso que Xaca organizaron o ano pasado. En nengun intre recebimos, nen eu nen os meus compañeiros, presións para que gañara este ou aquele grupo.

Se ben é certo que non participou nengun#blgtk08# grupo de Xaca nesa edición, estou ben certo de que non recebiriamos tampouco nengunha presión no caso de eles participaren.

Foi bochornoso o espectáculo vivido no concurso de Cantigas e Agarimos de hai uns anos, o que se comenta no # 21. Cando os pais d@s nen@s que non levaron prémio comezaron a berran "tongo". Cada vez é mais habitual, a verdade, ver estas reaccións na xente.

Comentario por (07-05-2009 15:22)
23 eu formaba parte do grupo gañador ese ano,e non puidemos quedarnos a recollida dos premios,pero si que nos dixeran que a xente comezara a gritar tongo e cousa#blgtk08#s asi
iso so pasa porque a xente agora ve o folclore como una forma de gañar premios,cando o folclore foi creado para pasalo ben non para gañar premios
Comentario por (07-05-2009 15:30)
24 Continuación do comentário 22, por problemas na transmisión:

Acho que Fargallo dá no cravo co seu comentário 14, cando di: "ademais, a xente protesta porque en Xaca se dan poucos cartos, pero o outro dia no concurso de Bandeira daban uns premiazos e presentáronse cinco grupos ra#blgtk08#spados eu cada dia entendo menos...".

A cousa é queixar-se, ben por unha cousa, ben pola outra. Asi nos vai neste Pais....

Por outra banda, Rueiro, a comezos e meiados dos anos 90 Xacarandaina estaban a un grandísimo nível, como IAR d'A Coruña, Fiadeiro de Vigo...
Comentario por (07-05-2009 16:29)
25 Para o comentario anterior nº24 :
#blgtk08# Davide Iar olvidouseche firmar.
Comentario por (07-05-2009 23:43)
26 A ti tamé#blgtk08#n, nº 25
Comentario por (08-05-2009 10:26)
27 Algúen sabe os premios? creo que o xurado #blgtk08#tardou máis dunha hora den deleverar non?
Comentario por (10-05-2009 22:15)
28 Algúen sabe os premios? creo que o xurado #blgtk08#tardou máis dunha hora den deleverar non?
Comentario por (10-05-2009 23:12)
29 se sabes eso sab#blgtk08#es os premios...
Comentario por (10-05-2009 23:56)
30 Síntoo sólo fun pola tarde:
Cat C:
1º-Taín
2º-Axeitadiñas
3º-Cantigas
Cat D:
#blgtk08#-Muiños
2º-Valaí ven
3º-Lagharteiras
Espero non equivocarme, un saúdo e noraboa ós premiados
Comentario por (11-05-2009 10:01)
31 Si que tardaron si, tardaron moito máis do normal... As parellas morrían de calor no escenario#blgtk08# e o publico desesperábase...

Estaba a cousa reñida...


Comentario por (11-05-2009 15:28)
32 Comentario eliminado #blgtk08#por falta de respeto
Comentario por elena mosquera (11-05-2009 18:33)
33 Elena mosquera coménanos o que quer#blgtk08#ías contar pero con respeto, claro.
Comentario por (11-05-2009 18:54)
34 Elena mosquera coménanos o que quer#blgtk08#ías contar pero con respeto, claro.
Comentario por (11-05-2009 23:02)
35 Elena mosquera coménanos o que quer#blgtk08#ías contar pero con respeto, claro.
Comentario por (11-05-2009 23:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer