Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Previo da Festa da Reconquista en Vigo este sábado
ACTIVIDADES PARA O SÁBADO 31 DE XANEIRO (Praza da Constitución)

18:00h. Obradoiro de danzas bretonas

19:00. Entrada das tropas francesas e toma da Vila de Vigo

20:30h. Concerto de Música bretona: SKEUD


A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, como anticipo da Festa da Reconquista e dentro da programación do Bicentenario, prepara para este sábado 31 de xaneiro a lembranza da toma da vila de Vigo polas tropas francesas hai xusto 200 anos.

Así deste xeito lembraremos a revolta popular dos vigueses nas xornadas previas á conquista francesa, e a definitiva entrada das tropas napoleónicas, que apareceron tras as murallas de Vigo o 31 de xaneiro de 1809, para pedir a rendición da praza.

Ademais desta representación adicaremos o día a cultura francesa, máis concretamente á cultura popular da Bretaña, polo que contaremos cun obradoiro de danzas bretonas onde todas as persoas que se acheguen ás 18:00 pola praza da Constitución terán a oportunidade de aprender os seus bailes básicos que despois ás 20:30 poderán poñer en práctica no concerto do grupo Skeud.


SKEUD é un grupo que se achega dende a Bretaña (Franza) para amosarnos os cantos e as músicas bretonas coa esencia e a expresividade tradicional, tal e como se fai nun “Fest-Noz” Bretón; que ven sendo algo semellante a un “Serán” galego.

SKEUD, son catro músicos frescos e alegres na escea, con gran coñecemento da súa cultura musical, con ampla participación activa nos circuitos de Concertos / Fest Noz Bretóns e gran experiencia como nesta ocasión, fora da Bretaña; facendo concertos por Franza, Italia, Portugal, etc.

A SKEUD góstanlle as festas de torreiro onde músicos e bailaríns, coa súa proximidade, son os únicos elementos necesarios para pasar un bo rato de lecer.

A súa proposta: facer un “SERÁN-NOZ”, convidándonos a todos a participar nese torreiro de fusión cultural e poder, deste xeito, ter a experiencia de coñecer e participar da Cultura Musical Bretona feita en Torreiro de Pedra Galega.


SKEUD son:

MURIELLE ROBERT: Acordeón cromático
XAVIER MONVILLE: Percusións

CHRISTOPHE LEROUX: Guitarra acústica

RÉMY LE BRAY: Voz, Bombarda e Oboe do renacemento


OUTRAS ACTIVIDADES

Inscrición no mercadiño tradicional da Reconquista

Está aberto o prazo de inscrición de postos para todos aqueles que estean interesados en participar no mercadiño tradicional que, con motivo da celebración da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2009, terá lugar os vindeiros días 28 e 29 de marzo. O mencionado prazo de inscrición rematará o 20 de febreiro de 2009.

As bases poden ser recollidas na sede da Asociación, na rúa Oliva 12 de Vigo ou informarse no 986-439799

Obradoiro de costura “Fai o teu traxe para a Reconquista”
Este ano, e tras numerosas peticións, abriremos durante os meses de febreiro e marzo un obradoiro de costura onde se ensinará como facer o traxe para participar na Festa da Reconquista, dacordo cos estilos de primeiros do século XIX.

O curso comezará o mércores 4 de febreiro e continuará todos os mércores de febreiro e marzo. As prazas son limitadas e os interesados poden apuntarse na sede da Asociación, na rúa Oliva 12 de Vigo ou informarse no 986-439799.

www.avcascovello.com


Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2009 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Coidado aos grupos que ides tocar, que a#blgtk08#inda deben actuacións de anos anteriores
Comentario por (29-01-2009 10:57)
2 Como saberás os que deben cartos a eses grupos non son a mesma organización#blgtk08# que organiza esta festa.

A cada un o que lle corresponde.
Comentario por Henrique (29-01-2009 11:01)
3 Certo. Non pretendía mesturar a esta asociación nos embrollos#blgtk08# do concello.
O que debe a pasta é o concello de Vigo
Comentario por un afectado (29-01-2009 15:09)
4 Basta de polémicas inúteis. O ano pasado que se não estaba a bandeira aquela. Agora que se o cartaz tem que ver coa loita pola superviviencia do povo #blgtk08#palestino... Qué o... pasa?
Os fachas sempre estão a foder.
Nen comen, nen deijan comer.
Força Casco Vello!!! Estamos com vós!!!
Comentario por xan (31-01-2009 17:30)
5 Pero de q #blgtk08#falas????
Comentario por (31-01-2009 21:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer