Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo programa de música ao vivo na TVG
A actualidade do pop e o rock consegue un espazo na TVG co novo programa BANDA CURTA

A Televisión de Galicia estreará na tarde do sábado 31 de xaneiro “BANDA CURTA”, un novo programa musical que terá como característica principal as actuacións de grupos en directo e ante público.

O programa de unha hora de duración , dirixido por Alfonso pato e presentado por Luis Pardo, gravarase na sala Lp 45 de Ordes. “BANDA CURTA” nace con vocación de dar a coñecer o amplo panorama da música pop e rock en Galicia, os grupos emerxentes ou as bandas que usan da rede de locais de ensaio. Para o primeiro programa estarán actuando os vigueses The Blows e os granadinos Lori Meyers. Ademais de música en directo, en “BANDA CURTA” haberá reportaxes e entrevistas sobre todos os estilos musicais, as novidades do mercado ou a axenda de concertos.

No primeiro programa tamén haberá unha sección dedicada a saber que foi dos grupos que emerxeron coa chamada “Xeración Xabarín”, como o caso dos Heredeiros da Crus, ou unha sección chamada Adn, no que personaxes populares como Luis Piedrahita darán a coñecer os seus gustos musicais. Unha reportaxe amosará as peculiaridades de Don Ramiro, unha aldea de Lalín na que hai ata catro grupos punkies, ou o grupo Agoraphobia, xurdido no local de ensaio de Boiro, formado por catro rapazas moi novas. Polo plató do programa tamén pasará nesta ocasión Janite, fotógrafo especializado en retratar ás estrelas do rock. Este sábado ás 4 da tarde comeza na Televisión de Galicia.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-01-2009 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer