O grupo comezou a súa andaina polo ano 2000 musicalizando poemas de Gloria Sánchez, Ana Mª Fernández e Antonio García, entre outros, e desde entón xa teñen ás súas costas 5 traballos e un Premio da Música á mellor canción en galego pola peza 'Tan só con leres un libro'. ANT TV falou con varios dos membro do grupo Mamá Cabra co agallo da presentación do seu novo disco 'Patatín Patatán'.
A primeira actuación de Mamá Cabra foi na Aula Socio- Cultural de Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, nun congreso de Literatura Infantil e Xuvenil, e desde entón os diferentes membros que foron pasando polo grupo engancháronse a 'Mamá Cabra' e aos seus concertos cunha perspectiva didáctica, poñendo a escusa da música.
O seu primeiro traballo foi Cantos Rodados, seguido de Cantando Comigo, Tan só con leres un libro, Cartas que veñen e van coa colaboración da profesora Susa Herrera e Patatín Patatán publicado en 2008 onde realizan versións propias de cancións infantís tradicionais. E non acaba aquí o seu traballo, no próximo día 14 de Febreiro presentarán en Pontevedra Todos os animais ó caixón, disco en colaboración con Susa Herrera.
Gloria é a cantante, Tomi toca o baixo eléctrico, Pablo as frautas, gaita e saxo, Paco céntrase na guitarra eléctrica, Rodrigo na batería e Diego no acordeón. Estes son os 5 membros actuais de 'Mamá Cabra' ao que lle emociona facer música para os máis cativos.