Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACoruñaSon 09

ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e co apoio da Radio Galega. Este Certame ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego.

Os autores/as participantes no certame deberán subir os vídeos ou MP3 das súas cancións orixinais á web http://acorunason.eu entre o 17 de decembro de 2008 e o 10 de febreiro de 2009.

Todos os usuarios/as rexistrados na web terán a oportunidade de votar polas súas cancións favoritas. Destas votacións sairán un total de 30 seleccionadas, entre as que o director técnico do Certame, Santiago Auserón, escollerá os 10 autores premiados. Ademais, para asegurar a variedade de estilos no Obradoiro, o director poderá incluír outros autores que non estivesen na preselección. O anuncio dos 10 autores/-as gañadores darase a coñecer publicamente o día 10 de febreiro de 2009.

Os dez autores/-as seleccionados terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración impartido por Santiago Auserón, primeira figura da creación, a interpretación e o estudo da música popular peninsular, onde traballarán as súas propias composicións. Así mesmo as Concellarías de Cultura e de Mocidade asumirán a gravación e edición dun disco colectivo coas composicións dos dez autores premiados.

Os autores que non foren seleccionados entre os dez participantes do obradoiro, así como outras persoas interesadas en asistir ao Obradoiro de Canción Popular que será impartido por Santiago Auserón do 25 de febreiro ao 1 de marzo de 2009 na Coruña, teñen a posibilidade de matricularse en calidade de alunos oíntes de forma gratuíta até completar aforo.

Unha vez rematado o Obradoiro, a web http://acorunason.eu manterase con vocación de continuidade para que os autores/-as de canción popular en galego poidan continuar a subir e dar a coñecer as súas composicións, de modo que cumpra a función de plataforma de promoción e difusión da música popular en galego a través da Rede.

Bases
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-01-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0