ESGOTADAS as entradas para o concerto de LUAR NA LUBRE que se celebrará no Teatro Colón da Coruña o vindeiro 23 de xaneiro.
O grupo decidiu realizar un segundo concerto o día 22 DE XANEIRO para que ninguén quede sen a posibilidade de ver este espectáculo especial. Neste segundo concerto, tamén van participar LUZ CASAL, DIANA NAVARRO, etc, cantando algúns dos temas clásicos do grupo.
Ambas as datas servirán para a gravación do novo disco de LUAR NA LUBRE en directo que sairá á venda o próximo mes de marzo editado por Warner Music Spain e que se presentará nun formato especial de CD DVD cun documental sobre a preparación destes concertos.
Logo de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Logo de 26 países visitados. Logo de dar as grazas en 12 linguas diferentes era o momento de publicar o seu primeiro disco en directo. Un agasallo para o seu público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos seus máis de 800 espectáculos e que colaboraron en que LUAR NA LUBRE sexa hoxe en día, o que é, un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.
"Ao Vivo" será o título deste novo traballo que recollerá 20 cancións entre temas novos e temas recuperados do seu amplo repertorio.