Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá con José de Gregorio

Hoxe, luns, día 12/01/2009

José de Gregorio nin é galego, nin vive en Galicia. El naceu enriba dunha das liñas negras que aparecen debulladas nos mapas e a súa aldea corresponde oficialmente ao Principado de Asturias. O problema é que José non se sente asturiano, pero tampouco galego, para el ter que responder á pregunta de onde é, é como ter que contestar á pregunta de a quen lle queres máis, a teu pai ou a túa nai?


Na Lagúa a vida transcorre entre dúas forzas: as pensións veñen de Asturias, o panadeiro da Fonsagrada, a contribución págase en Ibias e se hai que ir tomar un viño, vaise á Tumbiadoira, en Galicia. Coa música ocorreu o mesmo, por iso José de Gregorio é gaiteiro formado nas festas entre galegos e asturianos que nin toca en aberto, nin en pechado e que tanto canta pezas asturianas coma romances galegos.

José de Gregorio ten 75 anos, sempre viviu entre galegos e asturianos, así que hoxe despois de tanto tempo, non hai fronteira nin administración o suficientemente forte como para impedirlle ser un dos nosos auténticos tesouros musicais.


Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-01-2009 03:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 José é todo un exemplo a seguir, persoas coma el poucas quedan, con esa sabiduría e sobre todo con esa maneira de ser. José, a#blgtk08#inda que son unha rapaza de 25 anos, para min eres o mellor, e algún día irei a Lagúa só pra coñecerte. Bicos dende Redondela
Comentario por iratxe (16-01-2009 00:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0