Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposición e Festival en Moraña
SEIXEBRA CELEBRA O SEU DÉCIMO ANIVERSARIO CUNHA EXPOSICIÓN SOBRE A SÚA TRAXECTORIA E CUN FESTIVAL

Para celebrar o se décimo aniversario, a Asociación Cultural Seixebra de Moraña, inaugurou o 29 de decembro a exposición "Dez anos de Seixebra" , que estará na Casa de Cultura morañesa ata o 3 de xaneiro. O horario de apertura ao público da mostra é de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

O obxectivo de "Dez anos de Seixebra" é reflectir o labor de recuperación da cultura e tradición galegas que a agrupación realiza a través da súa vestimenta, os bailes e as cancións recollidas en distintas zonas de Galicia. Deste xeito, a exposición conta con sete bloques temáticos de imaxes que recrean as diferentes etapas da asociación cultural e a súa
implicación no concello de Moraña. Tamén presenta instrumentos musicais e distintos traxes tradicionais utilizados polos membros do grupo. Outra das súas áreas, convida aos visitantes a ver gravacións audiovisuais dalgunhas actuacións de Seixebra.


Festival especial para conmemorar
En paralelo á exposición e no marco do décimo aniversario, a asociación organiza un festival especial no patio da Casa de Cultura ADR Castelao. Este evento coincide co último día da mostra, o sábado 3 de xaneiro, ás 20:00 horas e nel participarán algúns dos antigos membros de Seixebra para rememorar bailes e pezas que marcaron diferentes etapas na traxectoria do grupo. Nesta celebración o grupo tamén realizará unha pequena mostra do seu traballo actual.

www.acseixebra.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2009 03:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0